Feijóo defende a súa sanidade pública e ao seu conselleiro e critica á oposición por “tensionar”

“Todos están orgullosos en Vigo polo hospital que fixo a Xunta”, asegura ao tempo que denuncia que aos problemas da Atención Primaria en Galicia son do Goberno de Pedro Sánchez.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/12/2018 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

O presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apoiou este xoves ao seu conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a súa sanidade pública fronte a quen pide a súa dimisión, á vez que eloxiou o coñecemento que o responsable da carteira sanitaria autonómica e exalcalde de Baiona (Pontevedra) ten desta área de xestión.

Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias
Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias | Fonte: xunta.gal

"Se hai alguén adecuado porque coñece a xestión (sanitaria) é, sen dúbida, o actual conselleiro de Sanidade. Non teño ningunha dúbida", proclamou, tras ser preguntado, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, acerca de se debería dimitir.

E é que, nun contexto marcado polas protestas de distintos colectivos sanitarios na comunidade e pola dimisión en bloque de xefes de servizo de Atención Primaria en Vigo, todos os grupos da oposición --En Marea, PSdeG e BNG-- pediron o seu cesamento na pasada xornada. Con todo, Feijóo defendeu a Almuiña e reivindicou a súa xestión.

A modo de exemplo, lembrou que, desde que asumiu Sanidade, logrou "cambiar a percepción" que había en relación ao Hospital Álvaro Cunqueiro e acougar a "enorme tensión" que se daba na área de Vigo, que situou como obxecto dunha campaña de "desprestixio". De feito, sacou peito por este hospital e dixo que, agora, “todos están orgullosos en Vigo” con este centro sanitario grazas ao “empeño” do conselleiro.

CRÍTICAS Á OPOSICIÓN

Tamén criticou a comisión "alternativa" que os seus rivais políticos pretenden impulsar fronte ao órgano de investigación sobre "recortes" sanitarios activado na Cámara. "En política, ultimamente, podemos ver  e escoitar de todo", indicou. “Foron eles os que propuxeron a comisión, logo non veñen, seguena por Tuiter e agora van por libre”, especificou. E, neste punto, atacou duramente a En Marea, PSdeG e BNG por, dixo, utilizar a sanidade para “tensionar”.

“Son continuas e constantes as súas críticas sobre a sanidade durante esta lexislatura”, mantivo e lembrou que antes de estar concluído o Hospital de Vigo “xa dicían que ía ser privado”. “Alá eles se queren seguir por aí”, suliñou.

CULPA DE PEDRO SÁNCHEZ

Tras ser preguntado que non só os partidos políticos critican a súa xestión, senón tamén entidades e asociaicóns, Feijóo suliñou que seguirá dando resposta na Cámara dos problemas que poida haber. En todo caso, volveu responsabilizar ao goberno de Pedro Sánchez, que leva menos de medio ano no poder, de ser o responsable dos problemas na Atención Primaria.

Así, lembrou que había unha comisión creada para avaliar estes problemas co goberno de Feijóo que, agora, co novo Executivo de Pedro Sánchez, “quedou sen efecto”. “E vemos isto con preocupación”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta