Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/12/2018 | Actualizada ás 23:00
Unha vez máis Alberto Núñez Feijóo volveu ter un altercado, e xa é o segundo serio en menos dun ano, cos traballadores da información. Desta volta foi a un cámara da TVE que logo da rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta lle preguntou pola censura e manipulación nos medios públicos.
"Presidente, mañá -por este venres-- está convocado un novo venres negro nos medios públicos, o número trinta xa. Vai tomar algunha medida ao respecto ou ten algún comentario?", preguntoulle o reporteiro gráfico. "Eu contestáballe con moito interese pero a miña obriga é contestarlle aos xornalistas", zanxou o presidente que inmediatamente baixou do atril e dirixiuse a outro grupo de comunicadores.
Non é a primeira vez que Feijóo ten encontronazos con algúns profesionais dos medios. En marzo pasado contestoulle a dous xornalistas "Cando teñan vostedes un programa en La Sexta igual lles contesto", tras a súa aparición no programa de Jordi Évole.
Tras este novo desafío aos profesionais dos medios, o Colexio de Xornalistas publicou un tuit no que lle lembra ao presidente galego que presentan a máis de mil profesionais e que se lle merece algún comentario "o venres 30 da TVG".
Presidente @FeijooGalicia O Colexio de @xornalistas tómalle a palabra. Xa que representamos máis de mil periodistas, reiterámoslle a pregunta do reporteiro gráfico de TVE @ovifes Ten previsto tomar algunha medida ou merécelle algún comentario o venres negro 30 na CRTVG? pic.twitter.com/IIW3jJipqL
— xornalistas (@xornalistas) 13 de decembro de 2018
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.