Temas: APALPADOR NADAL

A Apalpadora, un novo referente feminino do Nadal

Allariz aposta este ano pola figura feminina para normalizar a presenza da muller entre os personaxes clásicos destas festas.

Por X.M. Fernández | Allariz | 18/12/2018 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Cumprido o primeiro trimestre da Escola de Familias “A Orella Verde” de Allariz, o concello convida ás familias a unha tarde de maxia, humor e música da man de “A Apalpadora”, figura interpretada por Iseo A Moura. O encontro será o vindeiro xoves, 20 de decembro, ás 18:30 h. no segundo andar do Fogar dos Maiores da vila do Arnoia.

A Apalpadora. Foto: Iseo A Moura
A Apalpadora. Foto: Iseo A Moura

Quen é a Apalpadora?

A Apalpadora é unha muller namorada da montaña, feliz de vivir entre paxariños, lobos, corzos, osos, árbores e penedos e todas as clases de choivas, ventos e neboeiros... 

Moitos anos atrás traballaba no carbón e tan impresionados quedaron os seus compañeiros de cuadrilla pola forza e resistencia que, naquela dura vida, amosaba aquela muller, que comezaron a dicir que era unha xiganta, filla do Xigante Roxo que habitaba no profundo da Serra. E aí naceu a lenda...

Sen embargo, esta xiganta, acostumada a vivir soa e valerse por si mesma, precisa cada ano atopar o camiño que una a montaña coa xente. É por iso que no Nadal baixa a agasallar agarimo e caloriña en forma de castañas. 

Barrigolas, barriguiñas! Ven a Apalpadora para que non pasedes fame e durmades ben quentiñas!

Temas: APALPADOR NADAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 De risa

O invento revolvíase contra os que o inventaron. E agora, o tal invento, xa insiste na mentira. Tamén é certo que, desde esta invención profesoral, alguén pode facturar uns euros, quizais en negro-carbón , e os concelleiros de turno, facer que gobernan en clave de país.

1 Vojko

Todas as historias comezaron dalgún xeito, non vexo por que esta non pode ser igual de aceite. Ademais, ofrece unha personaxe feminina, que falta facía

2 Pandi-Gay-ro

Outras personagens femininas como a Mari Domingi basca, estam fundamentadas na tradiçom e na mitologia do seu país. Nós temos o Apalpador-Pandigueiro bem fundamentado e ainda se está a aestudar a ea descubrir mais sobre o mesmo. Mas num país como o nosso, que tem possivelmente o maior número de seres míticos da Europa occidental, tenhamos que sacar da nada umha personagem para adoita-la ao politicamente correcto, paréce-me uma forma de sabotear algo que ainda se está abrir passo, como é a figura do Apalpador. Procura-se a sua consolidaçom social e aceptaçom, para o qual demostra o rigor das fontes é muitas vezes fundamental. Mas aqui parece que algum dos muitos emigrantes alaricanos em Euskal Herria botou de menos uma Mari Domingi que é a parelha do Olentzero, e fizo surdir da nada umha "Apalpadora". Enfim, ridículo e triste como mínimo.