Por E.P. | SANTANDER | 20/12/2018 | Actualizada ás 14:12
Un home de 54 anos, procedente de Lugo, faleceu a pasada noite na autovía A-8, á altura da localidade cántabra de Quijas, tras chocar contra unha vaca o vehículo no que viaxaba xunto a outros tres homes, que resultaron feridos de gravidade, confirmou a Delegación do Goberno.
Segundo informaron fontes de Tráfico, a Garda Civil recibiu ás 23.30 horas do mércores unha chamada avisando de que se avistara unha vaca na A-8, non descartándose que houbese un grupo de animais na vía.
Nese momento, trasladou a información ao centro de vixilancia da DGT en Valladolid, que procedeu a indicar a eventualidade nos paneis informativos da autovía para advertir aos condutores.
O accidente mortal ocorreu só quince minutos despois, ás 23.45 horas, cando un Audi A6 no que viaxaban catro homes procedentes de Lugo chocou no punto quilométrico 237,4, en sentido Asturias, cunha vaca que se cre que puido acceder á autovía pola ligazón de Quijas.
Como consecuencia do impacto, un dos ocupantes, M.G.L, de 54 anos, faleceu no acto. Os seus acompañantes, feridos de gravidade, foron atendido por unha UVI móbil do 061 no lugar dos feitos até o seu traslado ao hospital.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.