Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2018 | Actualizada ás 17:08
Abanca converteuse no principal accionista de Nueva Pescanova após pechar tres operacións a través das cales adquiriu tres paquetes de títulos equivalentes a un 13,60% do capital de Nueva Pescanova. En concreto, segundo informa a entidade financeira, adquiriu un 7,66% pertencente ao fondo Oceanwood, un 0,03% de MUFG Bank e un 5,91% que posuía BBVA.
Con estas compras, eleva a súa participación na empresa pesqueira até o 30,81% e multiplica por cinco a participación que tiña ao comezo de 2018. O incremento da participación de Abanca en Nueva Pescanova durante este ano enmárcase, segundo o banco, na súa "política xeral de apoio á economía e a industria galegas, que está orientado á consolidación e crecemento de empresas e sectores craves".
Mediante o seu apoio a Nueva Pescanova, reivindica que contribúe a reforzar o complexo industrial relacionado co mar, no que Galicia é unha das comunidades punteiras a nivel internacional. Abanca destina a este conxunto de sectores (pesca, conserva e transformación, construción naval, etc.) un investimento crediticio total de 1.373 millóns de euros, de acordo cos seus números.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.