Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2019 | Actualizada ás 15:13
O presidente da Deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, subliñou este xoves que a institución provincial representa o "motor económico e social" da provincia luguesa, á vez que acusou á Xunta de "marxinar" á provincia.
Así o manifestou en declaracións aos medios antes do pleno de aprobación definitiva das contas provinciais, que ascenden a 88,4 millóns de euros, e que volveron a saír adiante con voto a favor dos dez deputados do PSOE, que volveron contar coa abstención do PP (12), o que facilitou a aprobación definitiva.
O BNG (dous deputados) e o deputado non adscrito, Manuel Martínez, votaron en contra, polo que se repetiu o mesmo resultado que na aprobación inicial hai dous meses.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.