O AVE para Galicia recibe 264 millóns en Ourense e 222 en Zamora no tramo final das obras

Aboradaranse temas como o FEVE do norte de Galicia, a liña Tui-Vigo e diversos estudos sobre beneficios económicos da alta velocidade.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/01/2019 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

A chegada da alta velocidade a Galicia, cuxas obras se atopan en fase avanzada coa previsión de que a finais deste ano empezo a funcionar en probas, recibe 264,66 millóns na provincia de Ourense e 222,2 millóns na de Zamora nos orzamentos xerais do Estado. De acordo co proxecto do Goberno de Pedro Sánchez, Adif Alta Velocidade prevé investir 264,66 millóns de euros na provincia ourensá durante este ano. Para os seguintes exercicios consigna 101,48 millóns (2020), 66,58 millóns (2021) e 267 millóns (2022).

AVE a Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
AVE a Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Os 264,66 millóns da alta velocidade en Ourense en 2019 repártense entre os 246,66 millóns para as obras na liña entre Olmedo e Lubián e outros 18 millóns para a variante de Ourense. Para esta variante están previstos 81 millóns, 62 e 267 nos tres exercicios seguintes. No orzamento de 2018, Ourense contaba con 410,2 millóns, ano no que o investimento na AVE a Galicia dispuña de 461,5 millóns só na comunidade, sen ter en conta a Zamora. Previamente, foron 462,8 os consignados en 2017 unicamente na provincia ourensá.

ZAMORA

Mentres, en Zamora, Adif Alta Velocidade conta con investir 167,9 millóns este ano 2019, dos que a gran maioría (167,22 millóns) van para o mesmo tramo, Olmedo-Lubián. A contía restante dedícase a investimento en liñas en explotación.

Aínda nesta provincia, a Sociedade Estatal de Infraestruturas do Transporte Terrestre (Seittsa) ten previsto dedicar 54,3 millóns en actuacións na liña de alta velocidade que conecta Zamora con Ourense (de aí os 222,2 millóns en total).

EIXO ATLÁNTICO E LUGO

No resto da comunidade, Adif Alta Velocidade consigna 27,82 millóns para o Eixo Atlántico na provincia da Coruña e 1,37 millóns en Pontevedra. A provincia pontevedresa leva deste mesmo organismo 500.000 euros para a variante Ourense-Vigo por Cerdedo, que non contempla cifra algunha para os seguintes anos, nin tampouco na provincia ourensá.

Mentres, para Lugo non hai ningún investimento previsto por Adif Alta Velocidade, aínda que a entidade pública empresarial Adif, de acordo co proxecto, dedicará 13,96 millóns nesta provincia para renovación e variantes na liña Monforte-Lugo (8,82 millóns) e para a electrificación da mesma (5,14 millóns), co obxectivo de modernizar a conexión entre a cidade da Muralla e Ourense. Tamén Adif, na provincia de Ourense, consigna 2,2 millóns en diferentes actuacións de renovación, mellora de liña e sobre a infraestrutura.

FEVE E VIGO-TUI

Pola súa banda, a liña de Feve que conecta a localidade asturiana de Vegadeo con Ferrol percibe 10,76 millóns na provincia da Coruña, pero cero na de Lugo.  electrificación do tramo que une Vigo con Tui, cara á fronteira con Portugal, recibe 3,77 millóns no orzamento de 2019, xunto a outro millón que leva a infraestrutura e vía deste mesmo traxecto.

ESTUDOS E BETANZOS

A memoria das contas elaboradas polo Executivo de Sánchez recolle que "está previsto continuar cos estudos das actuacións que permitirán o traslado dos beneficios da liña de alta velocidade Madrid-Galicia nas conexións con Lugo". Respecto diso, prevé 235.620 euros.

En canto ao Eixo Atlántico, sinala que durante 2019 iniciaranse "os estudos do baipás de Batanzos co obxectivo de reducir os tempos de viaxe entre A Coruña e Ferrol" e o proxecto contempla 200.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta