Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2019 | Actualizada ás 19:03
A biofábrica de Ence en Pontevedra aumentou a súa produción ata as 437.505 toneladas de celulosa en 2018, case 3.000 máis que en 2017. Deste xeito, durante o pasado exercicio, a súa produción diaria estableceuse nas 1.371 toneladas, a "máxima" contemplada pola factoría, segundo informa.
E é que, tal e como destaca a compañía, todo iso débese a que a planta "levou a cabo diversos traballos de mellora das súas instalacións que lle permitiron potenciar a súa eficacia e seguir optimizando o seu comportamento ambiental".
Ademais, Ence Pontevedra xerou en 2018 un total de 238.981 megawatts-hora de enerxía renovable, procedentes do aproveitamento da biomasa da produción de celulosa, así como da lignina que se extrae do proceso.
Deste xeito, a empresa destaca que durante o pasado ejercico "non só mellorou os seus resultados de produción, senón tamén os seus parámetros en materia de sustentabilidade", xa que, segundo as súas cifras, a planta reduciu nun 40 por cento os minutos de cheiro diarios con respecto a 2017, ademais de que o consumo de auga diminuíuse nun 4 por cento.
Así as cousas, a "seguridade, excelencia e fiabilidade ambiental" son algúns dos alicerces de Ence no seu novo Plan Estratéxico 2019-2023, para o cal a compañía contempla un investimento de entre 60 e 110 millóns de euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.