Calviño di que se "acertou" ao derivar ás CC.AA o conflito taxi-VTC ante o visto en Madrid e Cataluña

Destaca que nos dous sitios se adoptaron solucións diferentes

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/02/2019 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

A ministra de Economía, Nadia Calviño, considera que o ocorrido nas últimas semanas na Comunidade de Madrid e en Cataluña co conflito entre o taxi e os vehículos de aluguer con condutor (VTC) "pon de manifesto o acerto do Goberno ao decidir que este é un tema que hai que dirimir no ámbito autonómico e local".

"As condicións de mobilidade sustentable non son as mesmas en Madrid ou en Barcelona, e son decisións que hai que tomar atendendo ás características de cada lugar", argumentou a ministra en declaracións á Cadena Cope recollidas por Europa Press.

Así, Calviño considera que "o visto estas semanas, nun terreo tremendamente sensible e no que hai moitos intereses, pon de manifesto o acerto do Goberno ao decidir que este tema se ten que consensuar no ámbito autonómico e local".

A ministra referiuse desta forma á decisión do Govern de Cataluña de regular os VTC e obrigarlos a contratar os seus servizos cunha antelación mínima de quince minutos, e á da Comunidade de Madrid de non aceptar abordar medidas deste tipo a pesar do paro indefinido que secundou o taxi durante dúas semanas.

A titular de Economía declinou pronunciarse sobre estas decisións ao considerar "moi delicado xulgar a actuación dunha autoridade autonómica". Por contra, rexeitou que o Executivo central se quitara de enriba o problema. "O problema estaba aí desde facía tempo e o que fixemos foi inmediatamente adoptar o Decreto para habilitar ás comunidades e as entidades locais para resolvelo", indicou respecto ao Decreto Lei aprobado en setembro de 2018.

Sevizo de VTC
Sevizo de VTC | Fonte: Uber

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Guru

Iso é como o pai ou nai que lle deixa a responsabilidade ao outro na educación das fillas/os. A avestruz que agacha a cabeza. No que non lles interesa non lles pasan as responsabilidades ás cc.aa.