Os Bolechas aprenderán aos máis pequenos como usar o teléfono do 112

O proxecto levarase adiante durante todo o ano para presentalo en colexios e a familias con guías didácticas, cadernos de traballo e material audiovisual.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2019 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

Os Bolechas darán a coñecer entre os máis pequenos o teléfono de atención a emerxencias do 112, con consellos básicos de axuda e circunstancias nas que debe utilizarse.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este luns nun acto na Estrada (Pontevedra), no que se presentou este proxecto didáctico. Considera "fundamental" difundir o 112 entre os nenos porque "pode ser útil algún día" e "ás veces salvar algunha vida".

Esta iniciativa desenvolverase ao longo de todo este ano nun completo programa dirixido a colexios e familias que inclúe guías didácticas, cadernos de traballo e material dixital e audiovisual.

Por outra banda, preguntado pola sede do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE), Rueda remarcou a "intención de seguir crecendo", xa que apunta que son unhas instalacións amplas e "tecnoloxicamente preparadas".

Neste sentido, hai conversacións moi avanzadas, que espera "frutifiquen xa" para que a Garda Civil teña a alguén "permanentemente" nesta sede para a atención de emerxencias. A "intención" tamén é que se some a Policía Nacional.

Todo iso, para que "aos poucos os diversos números de emerxencias estean aquí, e se pode ser centralizados nun número ou en dous como máximo". Tamén comprometeu que se chega a haber problemas co aparcadoiro neste centro "buscaríase unha solución".

Campaña de Vos Bolechas do 112. XUNTA
Campaña de Vos Bolechas do 112. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta