Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2019 | Actualizada ás 17:38
A titular da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, apoiou a decisión do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de adiantar as eleccións ao 28 de abril. "É unha boa decisión, á miña non me sorprendeu nada", asegurou en resposta ás preguntas dos medios.
A mandataria socialista entende que o máis "adecuado" é convocar eleccións "cando hai partidos que están dispostos a dinamitar esa obrigación dos gobernos de ditar leis que melloren a vida da xente".
Ademais, Carmela Silva cre que é oportuno chamar á cidadanía ás urnas porque no momento actual "o Partido Popular, Ciudadanos e VOX teñen decidido converter a política nun campo bélico onde a confrontación é o 'modus operandi' dese tres partidos da dereita en España".
Carmela Silva tamén lembrou que a convocatoria de comicios "é unha prerrogativa" do presidente e considerou que as persoas que defenden as normas e a Constitución "deben de aplaudir unha decisión que lle corresponde a quen lle corresponde".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.