Unhas excursionistas estranxeiras pérdense no Monte Pindo

Foi mobilizada Protección Civil que, finalmente, auxiliou ás dúas mulleres e un neno desorientados.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 16/02/2019 | Actualizada ás 21:39

Comparte esta noticia

Tres excursionistas, dúas mulleres e un neno, perdéronse este sábado no Monte Pindo, en Carnota, o que obrigou a mobilizar unha dotación de Protección Civil. 

Exemplares de Quercus lusitanica (carballo anano) que resistiron o lume no Monte Pindo
Exemplares de Quercus lusitanica (carballo anano) que resistiron o lume no Monte Pindo | Fonte: Asociación Monte Pindo Parque Natural.

Segundo fontes consultadas por GC, foi un particular o que, arredor das 20.00 horas, deu o aviso tras detectar luces no monte e berros pedindo “socorro”. Nese momento activouse un dispositivo de busca.

Esa mesma persoa que deu a voz de alarma foi a que conseguiu chegar ata eles e tamén informar a Protección Civil, que finalmente puido chegar, despois dunha hora e media, ao lugar onde se atopaban. Segundo contaron estaban ben, pero “desorientadas” e entraran en pánico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta