Mil euros de multa para un mozo que circulaba ebrio nun patinete eléctrico

Foi sorprendido pola Policía Local de Pontevedra, triplicando a taxa permitida.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 19/02/2019 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

Un mozo deberá abonar unha sanción de 1.000 euros tras ser sorprendido pola Policía Local de Pontevedra mentres circulaba cun patinete eléctrico en estado de embriaguez.

Patinete eléctrico.
Patinete eléctrico.

Os feitos sucederon na tarde do luns, cando varias persoas alertaron á Policía Local de que un mozo circulaba de forma "errática" polas rúas de Pontevedra montado nun patinete eléctrico.

Os axentes deron alto ao home nunha zona peonil da rúa Curros Enríquez e, tras observar síntomas de embriaguez, sometérono ás probas de alcoholemia, que arroxaron un resultado que triplica a taxa permitida, o que implica unha sanción de 1.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Bayek

Menudo irresponsable. Creo que los patinetes son una buena alternativa para la movilidad urbana pero hay que regularlos. Para empezar creo que un seguro de patinete es necesario para este tipo de vehículos.