O líder do PPdeG recoñece que “lle preocupan” as enquisas e pide concentrar o voto útil no PP e non en Vox ou C's

Advirte dunha situación de ingobernabilidade despois do 28 de abril.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/02/2019 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A división do voto da dereita. Iso é o que máis lle preocupa ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que teme que o voto do PP que poida acabar en Ciudadanos ou en Vox propicie unha situación de ingobernabilidade, tal e como pronostican todas as enquisas.

Papeletas electorais para a votación nas eleccións xerais
Papeletas electorais para a votación nas eleccións xerais | Fonte: teinteresa.com

Por iso, e por primeira vez de xeito oficial, Feijóo recoñeceu que “lle preocupan” as distintas enquisas que se están publicado sobre a posibilidade de que o PP perda case a metade de votos e escanos e pase a ser a segunda ou mesmo terceira forza no Congreso. "Preocupannos as enquisas que se están publicando, non precisamente a de Tezanos”, dixo en alusión ao director do CIS.

Así, suliñou que a división do voto pode propieciar unha situación de “ingobernabilidade” en España, e por iso fixo un chamamento ao voto útil, en alusión ao PP, para evitar que “haxa un goberno de unha parte dos españois”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta