Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2019 | Actualizada ás 12:04
A escritora e filósofa Rebeca Baceiredo presentará este venres en Santiago o seu novo ensaio 'Animais de estimaçao e bestas de companhia', no que analiza a relación do ser humano con outras especies animais.
Nesta obra, a autora explora desde unha óptica filosófica a relación humana con outras especies e estuda a alteridade e a relación dos humanos cun 'Outro animal'. Como se constrúe a subxectividade con respecto ao outro, o arriscado de falar por boca do outro e a posibilidade da súa mercantilización son temas que aparecen neste ensaio.
"O universo da pulga -di Deleuze- é esperar ata sentir calor e lanzarse sobre ese foco térmico que é o corpo doutro animal. Ignoramos se a pulga só entende iso, se a existencia da pulga limítase a tal exercicio, se o mosquito que procura o sangue doce no cuarto escuro da noite non contempla a posibilidade de que eu esperte e o esmague contra a parede. Non o sabe pero intúeo, pois ao acender a luz permanece queto, evitando o perigo", apunta a autora.
A presentación, que contará coa participación da codirectora de Através Editora, Teresa Crisanta Pilhado, e do filósofo Brais Arribas, será este venres, ás 20,00 horas, na Libraría Numax de Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.