O derbi Dépor-Celta ferve na Rede

"#sempredeporcelta" é o hashtag nas redes sociais por Deportivo-Celta sen violencia. Unha iniciativa necesaria despois os cruces de ameazas entre as aficcións e as polémicas declaracións de dous dos seus ídolos, Djalminha e Iago Aspas.

Por Galicia Confidencial | | 10/11/2011 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

O domingo a partir das 20 horas Riazor vivirá o seu primeiro derbi dende 2007, cando o Celta descendeu a Segunda. A Comisión Permanente de la Comisión Estatal contra la Violencia, el Racismo, la Xenofobia y la Intolerancia en el Deporte acaba de declarar este partido “encontro de alto risco”. Agárdanse 1.500 seguidores do Celta no estadio, que estará cheo a rebentar porque apenas quedan 300 entradas.

Os seareiros chegarán ao Dépor-Celta cun ambiente mediático demasiado quente. “Bocazas” titulaba a toda plana Dépor Sport sobre unha foto do 'celtiña', a cabeceira de deportes herculina que controla o propio club Deportivo.

None

Os malos exemplos de Aspas e Djalminha

Iago Aspas sementeu a polémica ao comezo da semana ao confesarse en As “antideportivista”. O canteirán tamén gabou ao Wagner, cando nun dos derbis en primeira foi expulsado por vermella directa ao arrearlle unha pancada a Diego Tristán cando o deportivista protexía o balón para perder tempo e conservar un 0-3 do Dépor en Balaídos. Velaquí o vídeo do incidente, reproducido esta semana no blog dos Celtarras, os seareiros máis radicais da cidade olívica:
O adestrador do Celta, Paco Herrara, tentou quitarlle ferro a polémica, pedindo perdón no nome de Aspas e apelando á súa mocidade.

Un dos mitos da historia recente do Deportivo, o brasileiro Djalminha avivou máis o lume. Preguntado sobre a 'colleja' que lle deu nun derbi ao ruso Mostovoi dixo que “no me arrepiento. Fue tan bonita... ¡Cómo voy a arrepentirme!" "El partido estaba muy caliente. Ganar al Celta no era fácil y lo calentamos un poquito para cambiar el juego. Estábamos en nuestra casa y teníamos que ganar nosotros".


As dúas caras das redes sociais

Se os ánimos están quentes nos medios, estano aínda máis nas redes sociais. “Puta vigo, hay que quemar los autobuses con los vigueses dentro...”, é unha das mensaxes que se pode ler nun dos sitios onde comentan a miúdo seareiros dos Riazor Blues, os ultras do Deportivo.

En twitter un dos hashtags máis utilizados para discutir sobre a rivalidade A Coruña-Vigo é #onosoderbi. Un dos xornalistas de deportes da Radio Galega, Kiko Nóvoa, está a ter éxito "con este hashtag contra a violencia no clásico galego #sempredeporcelta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

7 e1u

para cando en Galiza un derbi ao estilo basco?

1 e1u

por certo siarei@s galeg@s debian de sair á palestra:chamar á calma entre afeicións e aproveitar o dia para reclamar a existencia e oficialidade das seleccións galegas.

2 e1u

sen minusvalorar o grande labor sos siareiros eh?

6 antilocalista

Pois non pasan nada por ser antideportivista ou anticeltista, o descerebrado e borrego e ser antivigo e anticoruña, esto si que é ser energúmeno e antigalego, o outro non...

5 Xanti

Aspas o pobre é un cabra louca, de Djalminha non digo nada porque é un paspán, e polas súas parvadas nunca foi ninguén no fútbol brasileiro. Pero a portada do panfleto do depor é lamentable, hai que contribuir a rebaixar a tensión, non a aumentala.

4 txqk

Qué é unha "colleja"? Aqui toda a vida se lle chamou "lapote".

1 Akribéstaton

É possível que tenhas razão, ainda que "colleja" é mais específico. Em português seria "cachaço" ( http://priberam.pt/dlpo/default.asp..., palavra também recolhida nos dicionários galegos ( http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.... Mais ampla, também comum e não menos famosa é "pancada".

2 Intervido

Akribéstaton.. e ti es un "Cazurro", no seu 3º significado do dicionario da RAE.

3 Akribéstaton

Já vejo quais dicionários frequentas. Se eu sou isso que tu não ousas dizer, que serás tu, além de covarde?

4 Xanti

Chamarase na túa casa, pola miña parte é a primeira vez que escoito a palabra "lapote".

5 Xoelho

De acordo con Xanti no seu comentario 5 (sobre o que son Aspas e Djalminha). Sobre Aspas, o clube non sei se o fixo, non creo, mais debería telo multado por quitarse a camiseta despois de marcar o gol no campo do Xerez o outro día. Iso é buscarse un_a tarxeta estupidamente. ¿Que necesidade hai de quitar a camiseta para celebrar un gol? Son cousas de i diotas, sen máis. Agora ben, claro que existe a palabra "lapote", e tamén "pancada". Iso de "colleja" é totalmente castelán, e así o entende tamén Galicia Confidencial porque o pon entre aspas.

6 Teutonio

Pois na miña casa somos máis de lapadas que de lapotes

7 Ana Obregôm de Souza

Eu son de lapote. TRUMAN LAPOTE.

8 intervido

Akribéstaton..si, son un "covarde de la pradera". Tódolos "covardes" consultamos máis dicionarios que os galegos, portugueses, ingleses, etc... Ata logo, Tudo bem. Why do not you go for a walk?

3 Pelé

Levo toda a semana sen dormir polo "clásico" derby...