Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2019 | Actualizada ás 17:47
O candidato de Ciudadanos para o Congreso pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco, advertiu de que Alcoa é "un polo industrial esencial" para Galicia. Por iso, urxiu un proxecto "sólido" que garanta o emprego.
Este xoves acompañou os traballadores na súa manifestación en Madrid, xunto a Marta Rivera, candidata pola Coruña. "Foi unha viaxe moi intensa no que me contaron o día a día da planta, as súas preocupacións, as súas necesidades e a angustia que están a pasar moitas familias", afirmou.
Engadiu que "non pode facerse caso omiso a ese sentimento e que os poderes lexislativo e executivo teñen que responder xa a ese problema".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.