Como rematar cos estereotipos de xénero no ámbito laboral

Traballadoras galegas de diferentes sectores conciencian nos centros sobre a discriminación que sofren.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2019 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

Un grupo de mulleres galegas, líderes nos seus respectivos sectores, percorren diversos centros educativos como parte do programa 'NIN + NIN -, IGUAIS', no que conciencian aos novos alumnos a través da súa experiencia sobre a problemática dos estereotipos e roles de xénero no ámbito laboral.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, desprazouse este mércores a un dos dez encontros planificados, en concreto no IES A Pinguela de Monforte de Lemos (Lugo), onde os estudantes puideron coñecer a Ana M. Corredoira, bióloga de formación e gandeira que está á fronte dunha moderna granxa de explotación ecolóxica.

Alí, as relatoras trasladaron a "discriminación" que sofren as mulleres en moitos ámbitos, pero "principalmente no laboral", tanto pola brecha salarial como polo chamado "teito de cristal" que lles dificulta á hora de sacar adiante a súa carreira profesional".

Traballadoras galegas de diferentes sectores conciencian nos centros sobre os estereotipos de xénero laborais. CEDIDA
Traballadoras galegas de diferentes sectores conciencian nos centros sobre os estereotipos de xénero laborais. CEDIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

1. E ilegal que haxa nengunha discriminación salarial por razón de sexo. as mulleres non cobran menos por facer o mesmo traballo. 2. O do " tewito de cristal" é unha invención. 3. Na sanidade, na educación e na burocracia, a imensa mayoría son mulleres.