O portavoz parlamentario do PP, Alberto Pazos Couñago dixo sobre o 15º Congreso Nacional do PSdeG que lle "gustaría" que saíse un partido con "capacidade" para ter "unha certa autonomía" á hora de defender "os intereses de Galicia"
  comenta   0
O sindicato insiste: "medidas máis efectivas para combater esta discriminación, especialmente na negociación colectiva e no deseño de políticas públicas que corrixan a masculinización dos complementos salariais e a precariedade laboral nos sectores feminizados"
  comenta   0
O xulgado do social número 1 de Lugo condenou a Correos e a Seguridade Social a recoñecer unha subida salarial do 3,5 por cento que foi denegada a unha traballadora mentres gozaba do permiso por maternidade ao entender que constituíu unha discriminación por razón de sexo.
Un xurado determinará se son culpables de asasinato con ensañamento e se houbo discriminación pola condición sexual da vítima.
  comenta   0
María Dores Fernández Galiño apela a combatir os obstáculos que enfrentan as mulleres con discapacidade, migrantes e en situación de exclusión social.
  comenta   0
A loita contra a violencia machista e a discriminación salarial, entre as prioridades do escano galego na UE.
  comenta   0
Este ano, as reivindicacións porán tamén o foco na precariedade laboral que afecta as mulleres "como consecuencia da discriminación histórica" que padecen por parte do "sistema patriarcal".
O xulgado finaliza a instrución do caso e aprecia as circunstancias agravantes de aleivosía e asañamento. Está previsto que o xuízo se celebre na Audiencia Provincial da Coruña antes do verán.
A catedrática en Intelixencia Artificial da Universidade Politécnica de Catalunya Karina Gibert por algúns exemplos da discriminación que sofren as mulleres nos procesos de selección nos que se usa a IA. E fai un chamamento a que máis mulleres se sumen ao deseño destes sistemas, porque "é un sector de oportunidades de emprego de cara ao futuro", pois en Cataluña calcúlase que hai un déficit de profesionais de 16.000 persoas, é dicir, "a academia non forma suficientes profesionais e calcúlase que en 2030 faltarán 82,5 millóns de profesionais TIC no mundo".
  comenta   0
Apuntan que "o sector quere deixar claro que calquera diferenza con outras comunidades autónomas na regulación esa materia carecería do mínimo fundamento, e no remoto caso de que tivese lugar constituiría unha discriminación insufrible para todo un sector e á comunidade galega na súa totalidade, que sería respondida o unísono con todos os medios ao alcance dun sector unido e consciente, que se acha ademais nunha situación crítica".
  comenta   0
A maxistrada Raquel María Naveiro Santos asegura que os xuíces teñen moitos problemas á hora de ditar sentenzar relacionadas con discriminacións laborais por razóns de idade, que afectan maiormente ás persoas maiores. Aquí expón varios exemplos reais.
  comenta   0
Sociedade Xitana Española denunciou "trato discriminatorio" por parte do Concello ás familias de etnia xitana que vivían no edificio. A familia falecida era coñecida polos servizos sociais do Concello e da Xunta.
O Consello da Cultura Galega (CCG) prepara a súa volta tras o parón do verán con actividades que abordan desde a discriminación que subxace baixo a gordofobia, ata as crises alimentarias, pasando por unha revisión sobre o teatro galego.
  comenta   0
O xulgado do Social 6 de Vigo ditou sentenza na que estima unha demanda do sindicato CUT e declara a nulidade do calendario de vacacións de 2023 para tres seccións da planta de Copo Ibérica (auxiliar de automoción dedicada á fabricación de espumas para asentos e repousacabezas de vehículos), ao considerar que se produciu discriminación do persoal eventual.
Cualifica de incomprensible que o peche dos catro grupos da central supoña que a capacidade de evacuación das Pontes pase a ser de "cero MW", o que interpreta como "unha discriminación evidente" en comparación co ocorrido "noutros casos de peches de centrais térmicas" como o de Andorra (Teruel).
  comenta   0
CIG-Ensino di que o alumnado escolarizado nunha vintena de unitarias do rural non ten profesorado especialista de Educación física e Música. O STEG denuncia o peche de varias aulas de FP en varios centros.
  comenta   0