O xulgado dá a razón a unha empregada de Correos que reclamaba a subida salarial denegada por unha baixa por maternidade

O xulgado do social número 1 de Lugo condenou a Correos e a Seguridade Social a recoñecer unha subida salarial do 3,5 por cento que foi denegada a unha traballadora mentres gozaba do permiso por maternidade ao entender que constituíu unha discriminación por razón de sexo.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 05/12/2024 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia