Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2025 | Actualizada ás 17:34
A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos de prisión a un home por prender lume á súa casa co seu fillo dentro en Paderne. En concreto, a sala impúxolle ao acusado a pena por un delito de incendio de menor entidade no seu domicilio e outro leve de lesións ao seu fillo.
Nesta liña, consideraron probada a culpabilidade do acusado porque os datos incriminatorios son "plurais, coherentes, inequívocos e concluíntes" e o propio acusado recoñeceu no xuízo os feitos declarados pola vítima e as testemuñas.
Así, os maxistrados admitiron dúas atenuantes que xa apreciara a Fiscalía ao longo do xuízo: o de reparación do dano, ao consignar a cantidade que se lle reclamaba como responsabilidade penal, de 2.467 euros; e o de dilacións indebidas, xa que a causa estivo parada máis dun ano. Isto concluíu coa rebaixa da pena inicial que facía o fiscal, de 13 anos, a dous; aínda que a acusación particular mantiña a petición de 20.
Finalmente, segundo sinala a Audiencia no fallo, recurrible ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o acusado someterase ás penas de prisión de dous anos, e 20 de multa dunha cota diaria de oito euros. Ademais, indemnizará ao Sergas pola asistencia médica prestada ao seu fillo e farase cargo do pago dos custos do xuízo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.