Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2019 | Actualizada ás 17:31
O arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, lamentou "a tristeza e a dor que están a causar os abusos sexuais na Igrexa que tanta perda de confianza xeraron". Durante a Misa Crismal celebrada na mañá deste martes dentro da compostelá Igrexa de San Martín Pinario, o arcebispo cualificou aos citados abusos sexuais como "unha manifestación do mal". "Son pecado de Deus, que fere profundamente á persoa e contamina a vida eclesial. Temos que aumentar a nosa purificación espiritual e denunciar radicalmente esta secuela", engadiu, segundo indica o arcebispado nun comunicado.
Nesta eucaristía, unha cerimonia que, tal e como indicou o arcebispado, "celébrase para expresar a comuñón entre o pastor da Arquidiocese e os seus sacerdotes", Julián Barrio estivo acompañado por decenas de sacerdotes. A eles, o arcebispo agradeceulles a súa "entrega" e pediulles que intensificasen a súa "dedicación á preparación pastoral do Sacramento do bautismo" Así mesmo, Barrio instoulles tamén a "vivir coa maior dignidade posible a relación coa Eucaristía". "Moitas persoas queren que nos sentemos nos confesionarios", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.