VOTA | Quen gañou os debates electorais do 28A?

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/04/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Os debates electorais organizados por TVE, este luns, e Atresmedia, un día despois, xeraron unha enorme expectación, ante as que xa foron catalogadas como as eleccións más estrañas e incertas da democracia.

Debate TVE
Debate TVE | Fonte: E.P.

A inestabilidade política desde 2015 —tres eleccións e unha moción de censura en catro anos—, a irrupción da extrema dereita (Vox) e o contaxio do seu discurso neofascista e ultranacionalista español no PP e Ciudadanos, o conflito político e a causa xudicial no proceso independentista catalán, unha campaña marcada pola Semana Santa e o alto índice de indecisos, fixeron destas unhas eleccións anómalas pero decisivas para o futuro de España e de Galicia, onde o PP de Alberto Núñez Feijóo podería perder por primeira vez a súa hexemonía en Galicia, segundo as enquisas, superado polo PSOE.

Como en todos os debates electorais, a opinión dos cidadáns é fundamental para valorar quen gañou e quen perdeu neste tipo de enfrontamentos. Foi neste caso Pedro Sánchez (PSOE), Pablo Casado (PP), Pablo Iglesias (Podemos) ou Albert Rivera (Ciudadanos)?

GC pregunta aos seus lectores quen creen que saíu mellor parado dos dous debates electorais desta semana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Shogun

Vox vai sobrepasar ciudadanos o domingo. Esa é a triste realidade... Esperemos que entre psoe, podemos e nacionalistas saquen moitos máis votos porque se non, espéranos unha longa noite de pedra.

1 Eu non cambio

Vox e o trifachio por non se poder ver claramente o que significan eses tres xuntos