O alcalde de Ferrol critica a enquisa de La Voz e acusa o xornal de ser "unha besta hípersubvencionada pola Xunta"

A enquisa rebaixa a entre dous e tres os edís de Ferrol en Común, tras o seis conseguidos en 2015.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2019 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

O alcalde e candidato á reelección por Ferrol en Común, Jorge Suárez, afirmou que a enquisa elaborada pola empresa Sondaxe e publicada polo diario La Voz de Galicia "non reflicte para nada a realidade" de intención de voto na cidade naval.

Jorge Suárez.
Jorge Suárez.

A enquisa publicada o domingo rebaixa a tres os edís de Ferrol en Común, tras o seis conseguidos en 2015, mentres que na deste luns baixa mesmo ata dous concelleiros. "O apoio social e a calor da xente que estamos a notar non se corresponde con este resultado", asegura.

"Nas eleccións xerais vimos que os resultados son ben distintos e, aínda que non é extrapolable, cremos que a verdadeira enquisa está na rúa, onde estamos todos os días facendo reparticións, cos veciños", agrega.

Segundo o rexedor, a publicación destes datos son "as consecuencias de atacar directamente a unha besta empresarial hípersubvencionada pola Xunta". "Acabas pagando estas consecuencias coa manipulación duns datos", engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Catabois

Cando non se fixo nin o mínimo posible este é o resultado. Fochancos sen amañar, silveiras sen cortar, accesos impracticables. Ninguén pedía o ceo pero o mínimo, mínimo..., si. O de sentido común. Dito isto, o resto de promesas xa nada...

1 final

aí lle diches eso é a gran política que fará de galicia un gran país... fochancas arregladiñas, silveiriñas cortadas, desbroces a medida e por suposto os omnipresentes puntos de luz... ou yeah¡¡¡ manda cara llo.

4 Rafael

Eu non sei se este home e bo alcalde ou non. Pero dí unha cousa certa: La voz de Galicia é un dos principais males de este país. A manipulación sistemática e os contubernios de La Voz fan moito dano a sociedade galega. Se os políticos tiveran a valentía necesaria denunciarían esta manipulacion do periódico. A mellor forma de restarlle influencia a La Voz e deixar de lela, como fago eu.

3 Opa Canido

En Ferrol levamos 4 anos sen alcalde. Esa é a triste realidade desta cidade ¡¡

2 RAMIRO DE YOLI

Ao déspota, afillado de Yoli Procesiones, non lle gosta que lle digan que vai quedar reducido a un partido comparsa

1 patético

Agora non home mira que sodes ben burriños co tema da voz.... agora a dúas semanas das eleccións vos poñedes sensibles.... pero facede algo conxuntamente dende o minuto cero co ño... tede a valentía de enfrentarvos xa dunha vez.... si toda galicia sabe o que hai.... pero enfrentádevos ben....