PARTICIPA | A quen votarás nas eleccións municipais na Coruña?

GC pregunta aos cidadáns da cidade herculina se repetirán o voto das pasadas eleccións xerais e a cal das once candidaturas que se presentan darán o seu apoio.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 16/05/2019 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

A Coruña podería seguir en mans da esquerda, pero o goberno volvería ser controlado polo PSOE, despois de oito anos dirixido primeiro polo PP e logo pola Marea Atlántica.

Pleno do Concello da Coruña.
Pleno do Concello da Coruña.

As enquisas son favorables aos socialistas, que pasarían do terceiro posto actual ao primeiro, aproveitando as caídas da Marea e do Partido Popular. 

Todo parece indicar que Ciudadanos se metería por primeira vez no Concello coruñés e que o BNG subiría lixeiramente, pero seguiría como última forza nos plenos.

Galicia Confidencial quere coñecer a opinión dos seus usuarios con dereito a voto na Coruña, coa seguinte enquisa, na que preguntamos se repetirán o voto das pasadas eleccións xerais de abril e a cal das candidaturas que se presentan na cidade darán o seu apoio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Francisco Carlos

É curioso que cada vez que se fai unha enquisa neste xornal, sempre gaña o BNG e logo a realidade dí unha cousa totalmente distinta. O BNG está MORTO¡

1 Mocchichi

O Bng na Coruña ten o mesmo futuro ca o vhs