Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2019 | Actualizada ás 12:02
A candidata do BNG á Alcaldía de Santiago, Goretti Sanmartín, chamou este domingo a votar para "abrir unha nova etapa cun futuro mellor" para a capital galega.
Sanmartín votou ás 11,00 horas deste domingo na Facultade de Historia de Santiago, acompañada da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, así como dos seus compañeiros de formación Rubén Cela e Néstor Rego.
"É un día moi importante para Santiago de Compostela, onde se van a decidir cales van ser as políticas que ten que executar o Concello nos próximos anos para mellorar, para conseguir avanzar e para ser ese referente necesario como capital de Galicia", destacou a candidata.
"Fago un chamamento a que a xente encha as urnas de votos, a que participe e decida para, a partir do 27 de maio, abrir unha nova etapa dun futuro mellor e con esperanza para Santiago de Compostela", sentenciou Sanmartín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.