A natureza para o "atentado ecolóxico" en Valdoviño

O mar abre a lagoa d'A Frouxeira minutos antes de que operarios da Xunta completasen unha canle artificial, que os ecoloxistas denunciaron xa ante a Unión Europea. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/01/2012 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

De xeito natural a Lago de A Frouxeira comezou a baleirarse este luns en torno as nove menos cuarto da mañá. Sálvase así in extremis unha complicada situación, que levou a ducias de veciños a pecharse no Concello no Nadal en protesta polas indundacións nos baixos dos seus inmóbeis.

None

A Frouxeira acadou este inverno un nivel superior ao normal, pero tamén é certo que as protestas dos veciños repítense todos os anos. Os veciños reclaman unha regulación eficiente da lagoa, mentres os ecoloxistas advirten das consecuencias que pode ter unha canle artifical neste espacio único.

Con todo, as protestas deste ano levaron á Xunta a construír unha canle na praia de Valdoviño, metendo máquinaria pesada nunha zona protexida como Rede Natura. Até seis palas excavadoras de Medio Ambiente crearon unha canle artificial de varios centros de metros. A canle estaba construída no lugar oposto a onde o mar abriu a lagoa de xeito natural, precisamente a zona pola que habitualmente hai comunicación.

A dirección xeral de Conservación alegou que a canle artificial era imprescindíbel tanto para protexer as propiedades dos veciños como a propia contorna natural. Non o entendeu así ADEGA. A maior asociación ecoloxista do país denunciou a obra diante da Comisión Europea.

 "Como é posíbel que unha administración, supostamente responsábel deste espazo, poida desentenderse durante 2 anos da súa xestión, incumprindo as súas obrigas de conservación sinaladas nun acordo unánime polo Parlamento, cando foi pola súa neglixencia que a lagoa sufíu as consecuencias? Como pode entenderse que para solucionar un problema creado pola súa incompetencia, agora a Xunta volte meter as escavadoras neste espazo protexido?", preguntáranse os ecoloxistas.

None

Veciños e ecoloxistas da comarca levaban semanas advertindo que as obras non eran necesarias, pois a lagoa abriría tarde ou cedo por onde sempre o fixo:

Pola súa banda o Goberno Galego  presume de que "a posibilidade dunha apertura natural era unha das opcións que barallaba a Xunta de Galicia, no seu informe técnico sobre a situación da lagoa, tal e como explicou a semana pasada o director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo  García-Borregón". 

Dúas horas despois da apertura, (sobre as 10.30) o nivel xa baixara 1,5 metros no vaso da lagoa máis próximo ao mar. A Xunta de Galicia manterá o dispositivo técnico de monitorización e vixilancia deste espazo natural. 

"A canle realizada a semana pasada, tal e como sempre se informou, era unha medida provisional", xustfícase Medio Rural.

Agora o Goberno di que o obxectivo da Xunta de Galicia é levar a cabo unha serie de medidas permanentes, como a construción dun murete de contención ao longo do paseo marítimo e a mellora das canalizacións, para evitar futuras inundacións. 

Ademais destas actuacións, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza  promete que "procederá a redactar un Plan de Xestión do Humidal da Frouxeira, que regulará todos as medidas  que minimicen os problemas actuais e permitan mellorar e potenciar o funcionamento da lagoa no seu réxime natural". Está previsto que este plan estará redactado no primeiro semestre de 2012, segundo o Goberno.

Este é documento integral que os ecoloxistas levan lustros reclamando.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 horrortotal

Pois xa temos aí a nova lei de costas dos empresarios da destrución. É un crime absoluto o que fan os distintos gobernos.

1 Koroshiya Itchy

Essas vivendas deveriam ser ilegais. De facto, com a lei na mão são ilegais e deveriam ser demolidas como foram em Vilarrube. E a estrada que dá aceso a essas casas também é ilegal e foi construida em terrenos que antes eram anegados pela lagoa. Portanto, é normal que a lagoa tenda a alagar o que sempre foi seu. O que não é normal é que permitam que se consolide a especulação imobiliária numa zona "protegida". O problema não é a lagoa, o problema são os "gallegos".

1 curuxa

Efectivamente , é un problema de educación ambiental e social.

2 unha mais

as vivendas son legais.. o de vilarrube eran casetas ilegais nas dunas da praia.. antes de escribir.. informate...

3 Koroshiya Itchy

Com a atual Lei de Costas na mão, são ilegais. Mas não tenhas medo que já tendes ai os vossos caciques do PP para legalizar ou a-legalizar tudo. Em Vilarrube eram casetas ao começo, como eram em Valdovinho, mas o que demoliram ao final eram casas de tijolo com luz elétrica, agua corrente, telefone e internet. E agora vás negar que a estrada e parte do terreno dessas casas de Valdovinho foi um recheio usurpado à lagoa?