O Defensor do Paciente pide a investigación das denuncias sobre o Colexio María Mariño da Coruña

Logo do escándalo pola emisión no prograla de La Sexta, "¿Te lo vas a comer?", o Defensor do Paciente emitiu un escrito á Fiscalía do TSXG, cualificando de "vergoñenta" a situación.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/05/2019 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

O Defensor do Paciente pediu a Fiscalía que investigue as denuncias feitas públicas por pais de persoas con diversidade funcional do Colexio María Mariño, da Coruña, sobre o tipo de alimentación que reciben os seus fillos, así como a existencia de deficiencias no centro.

Ante esta petición, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) inhibiuse e remítea á Fiscalía Provincial da Coruña argumentando que é a que ten que seguir a investigación solicitada, segundo informa o Defensor do Paciente.

A través do programa '¿Te lo vas a comer?', da Sexta, os pais denunciaron que o menú que reciben os seus fillos non ten en conta as súas necesidades, así como a ausencia dun comedor propio.

Tras facerse públicas estas denuncias, o Defensor do Paciente remitiu un escrito á Fiscalía do TSXG, cualificando de "vergoñenta" a situación e pedindo unha investigación de oficio sobre estas denuncias.

Fíxoo, segundo explica, "ao amparo do artigo 262 da Lei de Enxuizamento Criminal" e solicitando que a súa petición sexa atendida "para que feitos deste calibre non volvan suceder", afirma sobre unha denuncia de pais que apuntaba tamén á existencia de deficiencias no centro.

Chicote co delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro
Chicote co delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro | Fonte: La Sexta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta