Espazo Común de Tordoia presentará recurso ante a Xunta Electoral Provincial por un "voto duplicado" o 26M

Di que o presidenta pretendía "xunto aos representantes de PP e BNG, retirar o sobre erróneo da urna das europeas e devolverllo á votante".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2019 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

O candidato de Espazo Común en Tordoia (A Coruña), Carlos García, presentará un recurso ante a Xunta Electoral Provincial ante a posibilidade de que houbese un voto duplicado dunha persoa durante as eleccións municipais do pasado 26 de maio.

O recurso presentarase despois de que a Xunta Electoral de Zona de Santiago desestimase a alegación presentada por Espazo Común durante o reconto de votacións. O recurso afecta, segundo explica Espazo Común, a unha das mesas electorais de Bardaos, na que o presidente decidiu que "unha votante repetise o seu voto tras introducir por erro a papeleta das municipais na urna das eleccións europeas".

Carlos García Vázquez sinala que "ao darse conta do erro, o presidente da mesa decidiu identificar á votante e chamala para que votase de forma correcta", pero "sen notificar aos representantes das distintas formacións políticas, nin contactar coa Xunta Electoral".

Ao termo da xornada, García Vázquez asegura que o presidente da mesa pediu falar cos candidatos das formacións políticas que estaban presentes" e pretendía "xunto aos representantes de PP e BNG, retirar o sobre erróneo da urna das europeas e devolverllo á votante".

O candidato de Espazo Común en Tordoia opúxose a esta decisión e solicitou levantar acta para que fose a Xunta Electoral a que tomase as medidas pertinentes, aínda que a de Santiago desestimou o recurso porque "existe o mesmo número de votos municipais que votantes inscritos no censo correspondente".

Voto introducido nunha urna en Eleccións. EUROPA PRESS - Arquivo
Voto introducido nunha urna en Eleccións. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta