A Xunta apela á colaboración institucional sobre o futuro dos terreos da fábrica de armas

Por E.P. | A CORUÑA | 31/05/2019 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, apelou á colaboración institucional para definir os usos da antiga fábrica de armas, tras o desaloxo de Hércules de Armamento.

A preguntas dos xornalistas, lamentou o "apagamento informativo" do Goberno central en relación aos pasos dados nesta instalación. "É difícil establecer a colaboración institucional cando non coñecemos os pasos que se estan dando", sinalou. "O Goberno está empeñado en traballar con Galicia de costas", expuxo aludindo tamén á situación de Alcoa.

Preguntado polos posibles usos dos terreos, nos que a Universidade da Coruña expuxo o proxecto da 'Cidade do TIC', dixo que a Xunta está aberta a "todas as opcións". No entanto, considerou que deben dedicarse ás "prioridades" que establezan os coruñeses. "E coa colaboración da Xunta", engadiu.

Fábricas de Armas na Coruña
Fábricas de Armas na Coruña | Fonte: onemagazine.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta