Como manter a identidade do barrio dunha cidade ao ritmo de Michael Jackson

“Arriba lo bueno” é o novo colectivo de artistas que nace co obxectivo de celebrar as cousas boas, e inaugúrase cun videoclip que celebra o mítico barrio compostelán de Vite e pon a bailar aos veciños e veciñas ao ritmo do Rei do Pop.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/06/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

V de Vite é un videoclip que o colectivo Arriba lo bueno en colaboración con Galicia 2000 rodaron coa veciñanza do lugar co gallo de visibilizalo e revitalizalo. O bo rollo e o ambiente festivo inundan cada secuencia desta parodia do "Beat It" de Jackson. 

Unha veciña do barrio de Vite durante a rodaxe
Unha veciña do barrio de Vite durante a rodaxe | Fonte: Arriba lo bueno

“A min non me importa que sexa divertido, eu o que quero é que vaiamos seguros pola rúa”, dicía unha das señoras que participaron na rodaxe. Pero máis aló do período electoral no que se rodou, o colectivo “Arriba lo bueno” nace con carácter apolítico e festeiro. E estas características son se cadra as responsables de que veciños de todas as idades se puxeran diante da cámara e se animaran a botar uns bailes ao ritmo do Rei do Pop. A preestrea do clip tivo lugar o martes 28 no centro sociocultural de Vite ás 19:00 e a estrea oficial fíxose na canle de YouTube “Arriba lo bueno” o xoves 30, coincidindo coa Ascensión.

Tamén o espírito da protagonista do videoclip, a artista e cantante do dúo “Galicia 2000” Lúa Gándara, é apolítico e festivo. “Non creo na realeza, pero encántame imaxinar que son a princesa do barrio”, comenta a influencer. E tras a cámara atópase Javi Camino, cineasta e un dos creadores de videoclips máis activos de Galicia. Ademais, é veciño de Vite.

O vídeo recolle algúns dos recunchos máis xenuínos do mítico barrio compostelán e

Lúa Gándara, a cantante do videoclip
Lúa Gándara, a cantante do videoclip | Fonte: Arriba lo bueno

reivindica a súa peculiar idiosincrasia. “Levamos cinco anos vivindo aquí e non teño

ningunha dúbida que é o barrio máis auténtico de Santiago. Estamos felices e queremos

compartir a nosa felicidade co resto do mundo. Por iso nos lanzamos a facer o clip”. Lúa

Gándara aínda non vive en Vite pero está a pensar en mudarse: “Vivo na zona vella pero

vou case todos os días ao parque de Vite a exercitarme e xogar ao ping pong. Cando

pensamos en cousas boas que celebrar, Vite foi o primeiro que se nos ocurriu”.

Esta proposta, máis alá de divertir, tamén demostra algo importante: a necesidade de poñer o foco de atención naqueles barrios e espazos que seguen mantendo unhas identidades locais moi vivas dentro dunha mesma cidade. Demostra a empatía de toda unha veciñanza, cos seus hábitos de vida propios e as súas tradicións diarias. 

“ARRIBA LO BUENO”

O videoclip serve de presentación para a súa canle de youtube “Arriba lo bueno”, onde

subirán proximamente novos vídeos reivindicativos de todo tipo. “Estamos fartos do

politiqueo, do cinismo, a ironía e o nihilismo que supura Internet. Cremos que é

necesario un cambio de paradigma. Unha Internet sen polarizacións absurdas e cheo de

enerxía positiva tamén é posible. Por iso noso lema é ‘Arriba o bo e abaixo o malo!”, comentan os membros do colectivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta