Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2019 | Actualizada ás 11:07
A compañía Volotea operou durante os meses de abril e maio a ruta entre A Coruña-Bilbao cunha ocupación superior ao 90%, unha tendencia que, indicou, manterase tamén este mes de xuño.
En concreto, segundo explicou nun comunicado, desde que Volotea comezou a operar esta ruta -o 4 de abril-, os voos chegaron a un 92,5% de ocupación media no mes de abril e do 91,4% en maio. Volotea opera desde Alvedro a Bilbao dúas frecuencias semanais, os xoves e domingos, durante todo o ano, cun total de 20.000 asentos dispoñibles.
O director de Desenvolvemento Corporativo de Volotea, Carlos Cerqueiro, asegurou que a compañía está "moi satisfeita da acollida" dos voos en ambas as cidades. "É aínda máis reconfortante ao ser nosa primeira ruta na Coruña, onde esperamos que o noso número de clientes continúe crecendo, dado que cremos que existe un mercado desatendido e moita demanda de conexións", sentenciou.
En España, Volotea opera nun total de 18 aeroportos, incluíndo A Coruña. En 2019, a aerolínea ofrece un total de 1,5 millóns de asentos para as 86 rutas que opera a nivel nacional, das cales 45 son exclusivas. A maiores, conecta máis de 80 aeroportos de toda Europa con voos entre cidades medianas e pequenas de 13 países.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.