Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2019 | Actualizada ás 21:33
O alcalde de Ferrol en funcións, Jorge Suárez (FeC), asinou unha resolución, con data de 29 de maio, tres días despois das eleccións municipais, na que outorga "un complemento de produtividade" a dous funcionarios do Centro de Recursos Informáticos (CRI), coa máxima cantidade económica posible, concretamente 3.000 euros a percibir de forma trimestral.
No documento, constátase que este pago, como "produtividade de Alcaldía", abónase en relación ao aprobado no pleno do 27 de marzo do 2014, que establecía que lle correspondería "ao alcalde a distribución da contía" de cada orzamento "entre os diferentes programas ou áreas e a asignación individual do complemento de produtividade" co fin de "retribuír a especial dedicación a proxectos de reorganización, optimización e modernización municipal" de funcionarios.
Esta decisión xerou unha gran controversia entre os traballadores públicos do Concello de Ferrol, xa que, segundo apuntan, non serían estas as únicas produtividades asinadas tras a celebración das eleccións locais, nas que Jorge Suárez perdeu a Alcaldía da cidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.