Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/06/2019 | Actualizada ás 10:37
Vodafone lanza este sábado, 15 de xuño, a primeira rede comercial de 5G que se pon en marcha en España, que estará a disposición dos clientes da operadora en 15 cidades, onde alcanzará unha cobertura de aproximadamente o 50%.
Entres as primeiras cidades conectadas por 5G atópanse Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Bilbao e Valencia, onde a compañía xa anunciou en xullo de 2018 o despregamento precomercial, ás que se suman Zaragoza, Vitoria, San Sebastián, A Coruña, Vigo, Xixón, Pamplona, Logroño e Santander.
O despregamento realizouse sobre a frecuencia de 3,7 Ghz, onde a operadora se adxudicou 90 Mhz na poxa de espectro realizada o pasado mes de xuño. A velocidade da rede é de ata 1 Gbps en descarga de datos e a finais de ano poderanse alcanzar ata 2 Gbps, multiplicando por dez as velocidades.
O servizo de 5G estará incluído nos novos plans de contratos. En concreto, os clientes con tarifas Vodafone Ilimitada Total e Vodafone One Ilimitada Total poderán gozar da nova tecnoloxía móbil mantendo o mesmo prezo actual.
"Este venres España pasa a ser un dos países pioneiros do 5G en Europa da man de Vodafone", afirmou o presidente e conselleiro delegado da compañía en España, Antonio Coimbra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.