Por Europa Press / Redacción | LUGO | 17/06/2019 | Actualizada ás 12:52
O ata agora portavoz do goberno da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, anunciou este luns a súa dimisión como secretario provincial do PSOE, unha decisión que achacou a "cuestións políticas".
Nunha comparecencia ante os medios, o que era secretario provincial do PSOE en Lugo desde decembro de 2017 reivindicou que "sempre" actuou con "lealdade, compromiso e traballo".
Álvaro Santos tivo nos últimos tempos desavinzas coa dirección autonómica do PSOE ao manter o seu apoio a que Darío Campos contrinúe como presidente da Deputación de Lugo, fronte aos que apoian para o posto ao alcalde de Monforte, José Tomei.
Na súa comparecencia deste luns, Santos recoñeceu que "non hai boas relacións coa dirección galega". Ademais, o pasado venres pedira publicamente ao líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, que explicase os motivos polos que cre que a deputación necesita un cambio de "rumbo".
(HABERÁ AMPLIACIÓN)
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.