Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/06/2019 | Actualizada ás 17:49
A Deputación de Pontevedra recibiu unha resposta da Alcaldía de París na que "agradece" e "toma nota" do ofrecemento da Escola de Cantaría para participar na reconstrución de Notre Dame, parcialmente destruída por un incendio.
Este ofrecemento, que partiu dos antigos alumnos da escola, foi valorado polo goberno parisiense, que expresou que se volverá a pór en contacto coa Deputación provincial tras recompilar "unha maior información sobre a avaliación das necesidades existentes".
O escrito, asinado pola delegada xeral de Relacións Internacionais do Concello de París, Patrizzianna Thiellay, en nome da alcaldesa, recolle que o ofrecemento pontevedrés "emocionou" ao goberno local, que o "agradece profundamente".
A maiores, prosegue, é "un deber que un día esta xoia volva resplandecer no corazón da Cidade da Luz".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.