Rueda sobre o campo de concentración de San Simón: "Houbo represión ao acabar a Guerra"

O presidente galego enmenda, en parte, ao deputado popular que idxo que non hai constancia de mortes no campo de concentración franquista.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 20/01/2025 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

"Que nós teñamos constancia tampouco sabemos, a día de hoxe pola documentación que existe, que houbese mortes na illa de San Simón, agás abusos do director da prisión naquel momento, que foi pasado polo coitelo porque trataba mal aos presos". Era a contestación que deu este mércores o deputado popular José Luís Ferro a unha pregunta do PSdeG na que puxo en dúbida a existencia de mortes na illa de San Simón mentres foi campo de concentración e prisión do réxime franquista.

Acto fascista na Illa de San Simón no réxime franquista
Acto fascista na Illa de San Simón no réxime franquista | Fonte: Deputación de Pontevedra - Arquivo

Unhas verbas que provocaron indignación entre as vítimas da represión franquista, entidades de memoria histórica, historiadores e partidos políticos da oposición que pedirón a rectificación destas declaracións. Algo que lle tocou facer a medias, este luns, ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda. "Houbo represión na Illa de San Simón ao acabar a Guerra (Civil)", dixo ao ser preguntado na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

"Estes debates hai que deixarllos aos historiadores", dicía previamente. Pero eses historiadores, entre eles Dionisio Pereira ou o rexedor de Nigrán, Juán González, especialistas na represión e Guerra Civil, teñen documentados numerosos falecidos, arredor de 500, sobre todo de fame e enfermidade, nos anos 1940-1941 e 1942 e a cifra “non recolle a totalidade das mortes xa que a documentación que existe é incompleta ou de difícil acceso”. O director do documental 'AIllados', Antonio Caeeiro, sobre os represaliados no campo de concentración, mesmo fala de sete fusilados con nomes e apelidos.

"Entrar no debate concreto das vítimas é algo que teñen que falar os historiadores", dixo Rueda que insistiu en non tentar trasladar este debate á esfera política. "Eu non o vou facer", suliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta