Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) dedicará o Día das Letras Galegas de 2020 a Ricardo Carvalho Calero, considerado o grande impulsor do reintegracionismo (corrente que avoga por integrar o galego no mundo lusófono mediante unha nova normativa ortográfica alternativa á oficial da RAG).

Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero | Fonte: Artabra Dixital

Criticado no seu día por defender estas posicións, durante moito tempo, a súa figura foi tan apreciada como deostada pola súa defensa do reintegracionismo e a súa candidatura, durante anos, foi amplamente debatida. Agora, o nomeamento de Carvalho Calero é visto con ledicia desde a Associaçom Galega da Lingua (AGAL), xa que, por primeira vez, se recoñecen e normalizan institucionalmente os posicionamentos reintegracionistas. Á par, desde a RAG, o seu presidente, Víctor Freixanes, recoñeceu que a aceptación da súa candidatura é "indiscutible", pero tamén dixo que a postura reintegracionista é "unha cuestión menor dentro da biografía de Carvalho Calero" que "parece que durante moito tempo embazou a súa figura".

Aberto de novo o debate sobre a oportunidade, ou non, de que a lingua galega se achegue máis á lusofonía mediante as teses reintegracionistas, GC quere coñecer a opinión dos seus lectores sobre o nomeamento de Carvalho Calero como homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

1 anonimo

Penso que o seu nomemanento non " intensifica" ningún debate. O lusismo segue a ser una postura ultraminoritaria e suicida. A normativa do portugués está feita e pensada para o portugués, non para o galego. Eso si, teremos moitas mais noticias semellantes a esta, e lusistas que sairán inxenuamente con que o reintegracionismo facilita o comercio con Mozambique ( coma se para comerciar fixese falta falar portugués), e sacarán panfletos rabiosos diciendo que ou lusismo ou caos. E o de sempre. Canto mais minoritaria a postura, mais rabiosos e histéricos son os panfletos.

1 Ourensá

En primeiro lugar eu non considero lusismo e reintegracionismo como sinónimos. E segundo, a postura do reintegracionismo xamais se construiu dende a furia ou a rabia, a AGAL ten contribuido con traballos científicos e divulgación ao longo de varias décadas. Por suposto, sempre hai minorías máis extremistas e que fan máis ruido, como en todo na vida. Concordo en que o debate non se intensificará porque a RAG mencionará moi de pasada esa faceta nas escolas e homenaxes, e a AGAL non ten unha grande cobertura nos grandes medios de comunicación. Con sorte, no seo da RAG quizais se debata este tema. Saúdos

2 Pertom

O suicida é persistir na mesma estratégia normalizadora quando a desgaleguizaçom da sociedade avança a passos agigantados. Nom hai mais que ver os dados do IGE para constatar que em duas ou três geraçons falar galego vai ser tamém "ultraminoritário". De feito, em moitas zonas de Vigo ou da Corunha praticamente já é mais doado ouvir inglês que galego pola rua. Nas aulas universitárias da USC, por exemplo, a proporçom entre os alunos pode ser dum 70/30-80/20 a favor do castelám, e isso sendo moi optimistas. E cada vez vai a mais. É ou nom suicida persistir nas mesmas estratégias que se levam probando estes corenta anos ante a sua probada ineficácia? Temos a inmensa sorte de que a nossa língua é umha das mais faladas do mundo, e porém prescindimos de todas as oportunidades e vantagens que isso nos brinda para reverter o estado comatoso do galego na Galiza. Isso si que é suicida.

3 Pertom

Alguém imagina que o catalám fosse falado por 250 milhons de persoas, em quatro continentes? Quem lhes desse aos cataláns que fosse assi coa sua lingua! Eles si saberiam aproveitar isso que nos despreciamos para revitalizar e fortalecer o seu idioma ante a minorizaçom e o asobalhamento do espanhol. É coma se alguém contasse coas mais modernas armas para enfrontar-se a um exército temível e saísse ao combate cumha vara de vímbio. Assi lhes vai a eles como sociedade e assi nos vai a nós. Às vezes coido que temos o que merecemos, nim mais nim menos.