“Xa houbo reunións de presos e vítimas de ETA”

Jon Iñarritu é o portavoz de Amaiur no Congreso. Nesta entrevista con GC, analiza a situación política da esquerda abertxale, o éxito de Amaiur, a situación das vítimas, do galego e dos problemas do BNG.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 01/03/2012 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

Iñarritu aposta pola “liberdade” dos galegos, bascos e cataláns a decidir o seu futuro e laiase de que o galego estea agora peor que no Franquismo. “As veces a separación axuda a curto e longo prazo”, di sobre o conflito interno do BNG.

None

 

Estes días estiveches en Galicia falando da situación do Euskera. Como está esta lingua na actualidade?

Sigue estando nunha situación vulnerable, pero xa non é unha lingua en perigo. E para acadalo foron moi válidas as políticas activas postas en marcha en Euskadi nos últimos 30 anos que melloraron o número de falantes que pasaron do 30% a 37% de bilingües activos e a un 15% os binlingües pasivos. E é nos mozos de menos de 25 anos onde atopamos máis falantes...e isto é moi positivo. 

 

Unha situación moi lonxe da que acontece, curiosamente, co galego, que perde falantes...

None

É duro dicilo pero, tras o Franquismo, o futuro do galego está peor que hai 30 anos e é unha pena que as autoridades da Xunta non impulsen o galego para que no futuro os mozos teñan perfecta competencia neste idioma. E logo que sexan bilingües, trilingües e que coñezan infinidade de idiomas.

 

Entón, considera que as medidas postas en marcha pola Xunta non son suficientes?

Non son suficientes porque todos os mozos falan ben o castelán ao final dos seus estudos, pero non o galego. Non hai que confundir os obxectivos cos medios. En Catalunya e en Euskadi hai unha inmersión lingüística para ter un perfecto coñecemento da lingua e algúns sectores insisten, mesmo, en que hai que afondar aínda máis nesta liña para acadar mellores resulados.

 

Éxito de Amaiur

 

E falando de Amaiur, a que atribue tanto éxito nas pasadas eleccións xerais? 

Eu relacionaríao co novo clima nacido en Euskal Herría coa tregua de ETA en xaneiro de 2011 e co acordo de Guernika, no que catro formacións que hoxe compoñen Amaiur, firmaron esa folla de ruta para a pacificación e normalización. Iso culmina co primeiro paso de ETA que é o cese da actividade armada para sempre e crea un clima de esperanza e ilusión en sectores progresistas e soberanistas. Por iso obtivemos unha cifra que ningunha formación de esquerdas obtivera nunca.

 

E como explica que con sete deputados quedaran sen grupo propio?

Esta decisión da Mesa é meramente política como nos transmitiu o seu presidente, aínda que logo dixera que é xurídica. Antes se interpretaba o Regulamento de xeito diferente. Por iso, nos vindeiros días presentaremos un recurso ante o TC para ter grupo propio porque nunca se deu esta situación antes nin tampouco un Grupo Mixto casi inxestionable. E aínda que sen grupo seguiremos traballando igual, non imos deixar de reclamar os nosos dereitos. O do grupo é un instrumento de traballo.

 

Con todo, este tipo de actuacións non son un bo precedente?

O PP ten que xustificarse ante o seu electorado de ultradereita,  mostrar firmeza, dicir que fomos o brazo político de ETA. “O todo é ETA”, que tantas vantaxes lles dá e que, ademais, vense na obriga de facer pola gran presión da súa caverna mediática.

 

Ilegalización

 

E non teme que se produza unha ilegalización de Amaiur, tal e como aconteceu con Sortu?

Non hai argumentos xurídicos para ir por eses lares. Supoño que é unha mensaxe de viscelalidade e de vinganza impulsado por certos sectores da dereita ca unha verdadeira medida que o Goberno vaia a tomar. Estamos en tempos de normalidade política e agardamos, ademais, que Sortu sexa legalizada.

 

Pero cren, verdadeiramente, que o PP non vai dar pasos nese sentido?

Non tería ningún sentido e non hai nin razóns xurídicas, nin politicas para levar a cabo esta decisión. Houbo un tempo en que situación violenta de Euskadi serviu para pechar medios como Egunkaria, asociacións e de deter a xente que non era nin próxima á esquerda abertxale. Foi unha situación na que a represión xudicial levouse a situacións que non tiñan sentido.

 

Poder en Euskadi

 

Logo do éxito nas eleccións ao Congreso do Estado o seguinte será chegar ao poder en Euskadi, non?

Pois a vocación que temos é xestionar o poder do noso territorio. As próximas eleccións terían que ser o vindeiro ano pero pode que se adiante a outono deste ano. A verdadeira loita que hai é ver se o próximo lehendakari vai saír dunha coalición de esquerda que repetirá o modelo Amaiur ou do PNV. Por iso este partido ten certo nerviosimo tras o acontecido nas eleccións xerais onde xa falou máis do noso programa que do seu. Por iso o portavoz do PNV no Congreso aproveitou a proposta de Rosa Díez (que pedía ilegalizar esta formación) para dicir que iso nos favorecía a nós no noso victimismo. Iso é porque están nerviosos e porque ven que teñen unha competencia grande.

 

E estaría preparada Euskadi para ser gobernada pola esquerda abertxale?

Si, hoxe en día xa hai moitos concellos que están xestionados por Bildu e tamén a Deputación de Guipuscoa está gobernada por Bildu. Penso que no futuro non habería problemas en asumir máis responsabilidades de goberno.

 

Hai uns días xenerouse unha polémica por unhas declaracións súas nas que dicía que os xibraltareños teñen que ser libres. Deben tamén ser os galegos, bascos e cataláns libres tamén?

Deben ser os cidadáns de cada territorio os que decidan libremente o seu futuro e non ten sentido o artigo 8 da Constitución que asegura que o garante da unidade do Estado español é o exercito. Iso supón unha ameza para os cidadáns. Hai que copiar o caso de Quebec en Canada, o de Groenlandia en Dinamarca ou máis recentemente o de Escocia que propón un referendo para a súa independencia. Co caso de Xibraltar pasa o mesmo. É unha colina, si, pero non se lle pode aplicar recetas do pasado. Seran os “llanitos” os que teñan que decidir o seu futuro, igual que galegos, cataláns ou bascos.

 

Vitimas

 

A nova declaración presentada en Donosti o pasado domingo, que fins ten?

A declaración presentada pola esquerda abertzale tradicional é unha achega á hora de reforzar a normalización e pacificación do Pais Vasco. Nela aparecen analises e reflexións en prol das vias exclusivamente políticas, rexeitamento á violencia, recoñecemento das vitimas e o seu sufrimento cunha expresa autocrítica ante o comportamento mantido até agora con algunhas vitimas (as de ETA) e expresando claramente que " ETA de­berá desfacer as súas estruturas militares e pór as armas fóra de uso".  Ao meu parecer, son dunha gran importancia, maniféstanse posicionamentos que son novos e ilusionantes. É certo que o fan cunha linguaxe propia, pero de aí a manifestar que non hai avance algún, como sinalan algúns dirixentes do PP é unha irresponsabilidade. En Irlanda do Norte o Partido Unionista Democrático de Ian Paisley opúxose ao Acordo de Paz de Venres Santo, doce anos despois gobernan xunto co Sinn Fein. Paciencia...

 

E non cre que chega tarde?

Se botamos a vista atrás claro que si, pero se analizamos a mensaxe da esquerda abertzale traicional hai dous anos e a análise que fai agora, producíronse cambios unilaterais e definitivos.

 

Cre que chegarase algún día a un acordo/reconciliación entre as vitimas dun e doutro bando?

Producíronse xa encontros entre vitimas de ETA e presos da mesma organización. De igual xeito, dúas viúvas de vitimas de ETA acudiron a un acto de recordo de dous vitimas do GAL en Bilbao. Cada vitima e cada familiar de vitima terá unha postura diferente, pero o importante é que se conseguiu un escenario no cal a violencia desapareceu da nosa sociedade.

 

Proceso interno do BNG

 

E cambiando de tema. Como se ve desde Euskadi o proceso interno do BNG?

Vexoo con respecto porque teño amigos e compañeiro dentro do BNG de diversas sensibilidades e vexo que calquera das dúas opcións pode ser válida; tanto a unidade como a separación. En Euskadi vivimos a mesma situación hai dez anos cando Aralar non se integrou na nova Batasuna e desde certos sectores nos dicían que a unión era necesaria pero, sendo tan diferentes os posicionamentos, eran insalvables as diferencis. Pero esta desunión axudou a que, dez anos depois, cada un chegáramos a un acordo de mínimos e agora a unión está máis reforzada e axudou á coalición Amaiur. Hai un consenso e clima de traballo moi bos que está propiciando resultados políticos inesperados.

 

Pensa entón que é necesarioa unha catarsis política no nacionalismo galego?

Non quero entrar en inxerencias políticas noutras organizacións, pero, ás veces, a separación axuda a corto e longo prazo para a unión máis efectiva de cara ao futuro.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

12 Outro

Aquí non hai consulta siquiatrica...a "galegofobia" tratase en Conxo (Capital Mundial da Movida Mental). Os enfermos poden solicitar cita no Centro de Saúde a esquerda do camposanto parroquial. Grazas

1 asfasf

Se lo recomiendas a los patrioteiros que odian al 90% de los habitantes de Galicia por no ser, hablar y pensar como "debieran", no? La bloqueirada y demás purrela afíne Es como la Falange en España: despreciados por el pueblo al que pretenden salvar, jajaja

2 cachote

Hostia neno, tu vives nun mundo paralelo. Supoño que a maioría de votantes castelanfalante do BNG se odia a si propia. Por certo, no twitter GB anda a twittear que en Galicia aos que falades español vos berran pola rúa e vos miran "torvo". Vaille dar aló un RT.

3 faas

La mayoría de votantes castellanohablantes del BNG, ese partido marginal y en proceso de desaparición, que no representa mas que a una parte infima de la burguesía urbana, en efecto pueden ser víctimas de un "autoodio ése que decís que tienen los gallegohablantes no patrioteiros. También son victimas de la nueva diglosia que convierte al gallego en la lengua políticamente correcta en ciertos ambientes y les lleva a ocultar su lengua propia, por complejo. Claro que esta gente ignora la hispanofobia del BNG y la CIG, desconoce qué dicen los estatutos de ambas organizaciones sobre la desoficializacion del español, su apoyo a dictaduras y ademas, no quereis que ni ellos puedan elegir la lengua de sus hijos, jajaja .

4 dfdf

De ahi que el BNG solo pueda aspirar a imponer por la puerta de atras su politica lingüsitica, ocultandosela incluso a la fraccion castellanohablante de sus votantes , y a la gallegohablante!, jajajaja. Los decretazos que sueña el BNG solo son viables colándolos sin participacion, con paternalismo tecnocratico, sin elección familiar o politización. jajajaja.

11 PPMari

A ver si hablamos con propiedad, es el Movimiento de Liberación Nacional Vasco, con el cual me gustaba sentarme a negociar y ser generoso cuando Yo gobernaba y la enseña rojigualda campeaba por las fértiles campiñas. ¡Qué ETA ni que zarandajas!

10 Etarra que no se nota

Este Iñarritu nos está saliendo muy útil. A cuantos de los nuestros colocamos ahora que hemos echado, asesinado o mutilado a todo aquel que nos molestaba. Cuanta pasta manejamos ahora en Guipuzcoa, San Sebastian y otros muchos municipios.

9 Mayor oreja y menor cerebro

Se nos acaba ETA. Y ahora, ¿cómo vamos a seguir manteniendo nuestros negocietes con las empresas de seguridad? ¿Qué va a ser de nosotros si nadie nos paga por los guardaespaldas que nos contratan? Y sobre todo, ¿qué va a ser de mi discurso? ¡Hombre!, con lo bien que venía una fechoría de los etarras de cuando en cuando...

1 Susana

Seica xa esqueceu esta lindeza súa, don Jaime?: http://1.bp.blogspot.com/_hg5DhSQxi...

8 Antón

Ningunha estratexia baseada no derrotismo vai polo bó camiño, nondik atera duzue berri hau. Gora alderdi berria.