Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 13:36
O Instituto Cervantes de Nova York acolle desde este mércores e ata o próximo 21 de xullo unha exposición sobre o Camiño de Santiago, que inaugurou a comisaria do Xacobeo 2012, Cecilia Pereira.
En concreto, trátase da mostra itinerante do fotógrafo Manuel Valcárcel The Way to Santiago. A contemporary experience of pilgrimage, coa que Xunta e Correos promoven en varias cidades estadounidenses tanto o Xacobeo como os valores da experiencia da peregrinación.
A exposición foi inaugurada ante diferentes turoperadores, prensa especializada e público en xeral, que coñeceron as fotografías e material audiovisual desta mostra que xa pasou por Boston e Chicago.
Durante o acto, tivo especial protagonismo a gastronomía do Camiño de Santiago, segundo destaca a Xunta nunha nota de prensa, ao explicar que houbo unha degustación inspirada na ruta xacobea a cargo da Estrela Michelín Lucía Freitas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.