Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 28/06/2019 | Actualizada ás 20:00
O concerto de Carlos Núñez será o evento máis destacado do verán en Campo Lameiro, a Capital da Arte Rupestre de Galicia. Ademais, neste máxico lugar, os visitantes poderán gozar, por primeira vez, de obradoiros didácticos todos os días, complementados con visitas guiada especiais como Atardeceres e Noitepedras. É tamén haberá unha oportunidade para que os turistas coñezan a valor paisaxístico de Campo Lameiro mediante a ruta do “Sendeiro do río Maneses” ou poidan gañar premios co primeiro concurso de fotografía “Enfoques rupestres”.
Con estes eventos culturais, o Concello de Campo Lameiro e o Parque da Arte Rupestre de Campo (PAAR) de Campolameiro (Pontevedra) queren promocionar conxuntamente o valor paisaxístico, cultural e turístico da localidade. Unhas actividades que terán o seu punto forte cun concerto do gaiteiro Carlos Núñez que fusionará a súa música cos misterios milenarios que ocultan os petróglifos.
Adamais, o PAA converterase este verán nun obradoiro experimental para os máis novos, ofrecendo todos os días ás 11:30 horas un obradoiro adaptado a idade dos rapaces: Sementes, Caza, Pintura ou Arqueólogos por un día.. Unha actividade que se pode facer en familia coa idea de “vivir” a Prehistoria e que terá un custe de 3 euros.
VISITAS GUIADAS, CONCURSO E ANDAINA
Por outra banda, continúan as mellores visitas guiadas que se poden realizar hoxe en día na arte rupestre ao aire libre, co programa Atardeceres (Sábados ás 19:00 h., 7€ adultos e 5€ nenos) e polo noite Noitepedras (Venres ás 22:00 h., 10€ adultos e 7€ nenos).
Este ano, o PAAR pon en marcha, por primeira vez, o primeiro concurso fotográfico “Enfoques rupestres” co obxectivo de reflexionar a través das fotos do valor estético e artístico da paisaxe rupestre, dende o 15 de xullo ata o 15 de agosto, e que conta con premios de 150€, 100€ e 50€.
Ademais, o Concello de Campo Lameiro organiza en colaboración co Parque unha andaina o próximo 7 de xullo ás 10:00 h polo fermoso “Sendeiro do río Maneses”, que une dous dos espazos máis singulares do municipio: a área recreativa do río Lodeiro e o Parque. Terá un prezo especial de 1€ para empadroados en Campo Lameiro, e 5€ para público xeral, e inclúe entrada, visita guiada ao PAAR e avituallamento. O punto de saída será na área recreativa do río Lodeiro e a reserva de entradas no Concello de Campo Lameiro. Máis información da ruta de sendeirismo no seguinte enlace: http://pangeaingenieria.es/rutas-de-senderismo/pr-g-230-sendeiro-do-rio-maneses/ .
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.