Artigos de Xesús Veiga

As inercias conservadoras do bipartidismo

Cando Susana Díaz decidiu adiantar as eleccións ao Parlamento de Andalucía xustificou tal medida pola necesidade urxente dunha maior estabilidade naquel territorio.Realizando unha sorprendente moción de censura ao propio goberno bipartito que presidía, a dirixente socialista pretendía conseguir tres obxectivos na mesma xogada electoral:frear a potencial ascensión de Podemos, aproveitar a desfeita do PP en Andalucía para facer realidade un goberno en solitario e revalorizar a súa figura non interior do PSOE para unha eventual aterraxe futura na política estatal.

Rato, do ceo ao inferno

Rodrigo Rato pasou de estar nos ceos do establishment a formar parte do inferno no que habitan os presuntos delincuentes de luva branca.Acumula un catálogo de graves imputacións que lle proporciona un lugar destacado nese selecto club dos indesexábeis:fraude fiscal, branqueo de capitais e alzamento de bens.

O vello bipartidismo non resiste

A importancia das eleccións ao Parlamento de Andalucía derivaba da súa condición de primeiro test do amplo catálogo de consultas que van ter lugar neste ano.

A herdanza de Cacharro

Mais alá das habituais honras fúnebres, hai unha coincidencia básica sobre Cacharro Pardo: o nivel de poder acumulado durante 25 anos na provincia de Lugo é o maior que se pode constatar no postfranquismo.

A nova andaina grega

O trunfo de Syriza constitúe un feito histórico.Nunca antes –no ámbito da UE- o goberno dun Estado estivo nas mans dun partido de esquerdas que non se ubica na corrente oficial de matriz socialdemócrata.Estamos, pois, ante unha situación nova que abre notábeis incertidumes sobre as dinámicas futuras no proceso de construción dun espazo unitario europeo e que representa, ademais, unha esperanza estimulante para millóns de persoas que padecen o empobrecemento derivado da grave crise económica existente.

A vida democrática dos partidos

Nos últimos días tivo lugar, no seo do partido Podemos, a elección das persoas que van ocupar responsabilidades dirixentes en diversos concellos do Estado.Resultou chamativo constatar que o nivel de participación das persoas inscritas ficou nidiamente por debaixo do 50%.

A importancia dun resultado electoral

O calendario destes días convida a revisar o tempo transcorrido e, de paso, alimenta novas ilusións para un futuro mais ou menos inmediato.A mirada retrospectiva serve para calibrar mellor a importancia de certos acontecementos.Ao cabo, a distancia temporal non ten que ser un incentivo para o esquecemento senón para a reflexión construtiva.

A confianza perdida

Hai case seis anos, Miguel Angel Fernández Ordoñez recoñecía que a confianza era o ben mais escaso dos mercados financeiros.Dende que o ex -gobernador do Banco de España pronunciou estas palabras o catalogo dos episodios vividos na esfera económica arruinou a pouca confianza que ficaba na reserva do sistema.As últimas referencias coñecidas sobre o caso Bankia pechan o círculo das infamias iniciado co expediente dos “cartóns black”:a saída das accións a Bolsa formou parte dun engano deliberado que contou coa complicidade activa ou pasiva das empresas auditoras, da CNMV e do Banco de España.Todo pola patria…do negocio.