Artigos de Xesús Veiga

Nacionalismo galego: construir e destruir

A recente decisión de abandonar ANOVA adoptada pola maioría das persoas afiliadas á corrente CERNA remata, polo momento, a secuencia de escisións rexistradas no nacionalismo galego de esquerdas a partir da Asemblea do BNG celebrada en xaneiro do ano 2012.E, de paso, certifica a verosimilitude daquela advertencia verbalizada por un vello raposo da política española -Felipe González- cando dixo que se podía morrer de éxito.O espectacular trunfo da coalición AGE –promovida fundamentalmente por Anova- nas eleccións do outono de hai dous anos non foi quen de propiciar unha adecuada xestión da heteroxeneidade existente na formación liderada por Xosé Manuel Beiras.

Desconcerto, medo, histeria

Contan as crónicas que, catro días antes de morrer, Emilio Botín confesou a un grupo de xornalistas que tiña dúas preocupacións fundamentais:a situación de Catalunya e o resultado acadado por Podemos.

De CG a CxG

Unha das diferenzas mais destacadas que se constatan nas análises comparativas dos movementos nacionalistas de Galiza, Euskadi e Catalunya é a carencia –no primeiro caso- dunha forza política que, salvando todas as distancias asociadas ás singularidades dos respectivos tecidos sociais, evocara o papel e a incidencia que posuíron PNV e CiU dende o comezo do actual réxime constitucional.

Un virus persistente

Cada certo tempo resucita e ocupa un lugar destacado na axenda mediática.O último episodio foi a constitución do padroado da nova Fundación vinculada á entidade bancaria que emerxeu sobre as cinzas das vellas Caixas de Aforro galegas.A controversia de maior impacto foi, mais unha vez, a delimitación da sede dos órganos executivos da institución.Abel Caballero apareceu inmediatamente no escenario para realizar a enésima demostración de vitimismo vigués fronte ás “forzas norteñas do mal” que encabeza Feijoo.

Allariz

Se alguén percorre as estradas inglesas e francesas como forma de acadar unha desexábel desconexión estival terá serios problemas para facer efectivo semellante obxectivo.Porque se mantén os ollos abertos e posúe unha mínima sensibilidade valorativa non poderá deixar de percibir as diferenzas abismais entre a ordenación urbanística dominante neses países e na Galiza actual.

Dous mitos caídos

Agora si. Xa non ha dúbidas. Podemos afirmar que Xosé Luis Baltar, o principal dirixente político da vida oficial ourensán das últimas décadas, é un delincuente.Gañou case todas as eleccións nas que participou pero incumpriu a lei nun caso concreto (e tal vez noutros que nunca ficarán xudicialmente sancionados).

O test do nacionalismo galego

Habitualmente, o Día da Patria é un test que serve para coñecer o estado no que se atopa o nacionalismo galego.Permite visualizar as propostas que formula a respeito dos problemas que ten o País e a capacidade mobilizadora que é capaz de concitar arredor das mesmas.

Baltar e as complicidades

O xuízo celebrado en Ourense contra Xosé Luis Baltar suscita unha cuestión relevante:pode ser considerado este evento como un sinal demostrativo do comezo dunha causa xeral contra o modelo caciquil enquistado nas administracións públicas galegas?