Artigos de Xosé Glez.

Premios á excelencia etiquetada en lingua galega

En menos dunha semana faleceron dous amigos con desemellantes perfiís persoais pero cun denominador común que os aproximaban. Dúas perdas significativas nestes intentos reiterados por estendermos a lingua galega ao espazo socioeconómico.

A rebotica de Chano Piñeiro

Agora non adoita haber parladoiros nas reboticas. Mesmo parece que xa non hai reboticas. Pero noutros tempos ídos, sí que os houbo. Na de Perfecto Feijoo, por citar unha, deseñouse o intento levado a cabo con éxito de crear os coros e orfeóns galegos.

Soñar unha Galicia mellor

Acudimos á Pobra de Trives á celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística. A convocatoria, feita pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e o concello de Pobra de Trives,e a colaboración estimable de Reme Martínez, xuntou ben xente nun acto no que participaron o Orfeón Trivés e a Banda de Gaitas os Trintas. A profesora Ana García leu un poema escrito para a ocasión por Raquel Pérez, e o empresario Benigno Pereira fixo outro tanto lendo un poema de Manuel Luís Acuña.

Mandas testamentarias

Hai anos –máis de vinte- que a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG) publicou varios libros co mesmo rubro: “En galego, agora e sempre”. A colección recolle ao pé de mil mandas testamentarias escritas para a ocasión. Con elas preténdese recuperar unha vella tradición interrompida. No prólogo que escribín digo que é moi frecuente atopar nos protocolos notariais galegos, desde a idade media e ata ben entrado o século XIX, cláusulas testamentarias nas que o testador establecía obrigas extraeconómicas para os seus herdeiros.

Alcaldes de vivos e mortos

Os antropólogos recoñecen nas entidades locais a existencia de dúas parroquias: a dos vivos e, dentro delas, a dos mortos, os cemiterios, recintos sacrosánticos. Neses espazos está depositada a memoria colectiva dos devanceiros, que se identifican nas lápidas escritas maioritariamente en castelán, idioma que nunca falaron cos seus familiares e veciños que seguen a ser maioritariamente galegofalantes.

Homenaxe á avogada xeral do estado

Cando o Tribunal Constitucional resolveu en 1986 o recurso de inconstitucionalidade presentado pola Delegación do Goberno contra algúns preceptos da Lei de Normalización Lingüística de Galicia, a sentenza ordenaba que a Administración tiña que dispoñer dun prazo de adaptación gradual e progresivo ao réxime da cooficialidade lingüística previsto na Constitución. Acontece que trinta e dous anos despois ese aggionarmento aínda non se producíu en moitas administracións.

O matiz de "Cantigas e Agarimos"

Como é ben sabido, a execución dunha partitura pode ter matices moi persoais, segundo quen a interprete ou dirixa a agrupación musical. Para os ouvidos de entendidos e melómanos a percepción desas orixinais singularidades interpretativas non pasan desapercibidas.

Honras a Ramón Castromil

O pleno do Concello de Santiago vén de aprobar unha proposta da comisión de honras que preside o amigo Manuel Dios Diz do grupo municipal de Compostela Aberta, pola que se lles retiran as distincións outorgadas durante a ditadura a nove ministros de Franco, nomeando, ao tempo, fillos predilectos a título póstumo a Federico García Lorca e a Ánxel Casal, alcalde republicano “paseado” en agosto de 1936. Pero tamén distingue coas mesmas honras a outros cidadáns, entre eles a Ramón Castromil Ventureira, a proposta do Foro E. Peinador. Asemade, concédelle a medalla de ouro da cidade á agrupación folclórica Cantigas e Agarimos a instancias da Fundación L. Peña Novo.