O peche progresivo de explotacións agrarias é a causante, en gran medida, dos fluxos migratorios cara as vilas e cidades localizadas na franxa atlántica do país, onde se concentra xa o 60%, máis ou menos, da poboación galega. Vigo e a súa comarca, por exemplo superan o número de habitantes da provincia de Ourense.
Co peche de explotacións agrarias Galicia perde recursos, que as grandes cadeas de distribución aproveitan para introducir produtos foráneos que desprazan aos autóctonos que atopan serias dificultades para introducirse nestas canles de comercialización. As dificultades son tan grandes como a competitividade deses mercados. Producir para non poder vender é o drama de moitos pequenos empresarios de transformación de produtos agrícolas.