Artigos de Xosé Glez.

Irmandade Xurídica Galega

En 1987, convocados por pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG), xuntáronse trinta xuristas nun coñecido restaurante do concello de Rois para abordar a estratexia da galeguización xudicial e actividades dos profesionais do dereito expresada na “Declaración de Rois”. Xuíces, fiscais e avogados acordaron iniciar un proceso que non podía ser adiado indefinidamente cando outras administracións públicas xa levaban un camiño andado desde 1984. Daquela cento noventa e oito rexedores municipais asinaron en Compostela a “Declaración dos alcaldel galego a prol da lingua galega”.

Premios Peña Novo

Cando un Real Decreto do Consello de Ministros presidido por Antonio Maura con data 24 de xuño de 1904 autorizaba o uso de calquera dos idiomas en España para as conferencias telefónicas e para os telefonemas e telegramas privados, faltoulle pouco a Lois Peña Novo para que en nome das Irmandades da Fala enviase un ao congreso que se celebraba en Iruña no que se acordara solicitar do Goberno a oficialidade dos “idiomas das nacións ibéricas”.

Soberanía estética de Galicia

En 1918 celebrouse en Lugo unha asemblea de personalidades representantivas de Galicia convocadas polas Irmandades da Fala para debateren un programa de autogoberno. Unha das propostas aprobadas avogaba por proclamar a soberanía estética da nación galega, que se exercería sobre as construcións urbás e rurais, ditándose unha lei que obrigue aos propietarios a axeitaren a respectaren as tipoloxías pecualiares de cadanseu lugar, ao tempo que propuñan a expropiación de monumentos e paisaxes.

Galego con leite

O Foro E. Peinador vén pregoando dende hai anos a necesidade reformular a celebración do Día das Letras Galegas; mesmo lle propuxemos o ano pasado á Real Academia Galega que dedicase un mes das letras ao empresario, mecenas e filántropo galeguista, Enrique Peinador Lines do que se cumpre o próximo día 20 de xuño o 75º cabodano do seu pasamento; ou ao investigador e tamén empresario de minas, Isidro Parga Pondal a quen Foro Peinador lle dedicou o ano pasado o Día da Galeguidade Empresarial. Ambos os dous con perfís de galeguistas ben definidos.

Somos ou non somos

Abonda con prestarlle atención ao tráfico automobilístico das nosas estradas para decatármonos de que boa parte da publicidade comercial reproduce os topónimos, maiores e menores, dos lugares onden radican esas empresas deturpados. É tal o desleixo que nalgún casos resultan incomprensibles. Esta constatación evidencia a insensibilidade de boa parte do empresariado galego polo noso patrimonio cultural.

O exemplo da normalidade

Desde hai vintecinco anos o xulgado de A Fonsagrada vén realizando a súa actividade xurisdicional en lingua galega. Un período tan dilatado no tempo recoñécelle a consideración de experiencia piloto de galeguidade xudicial sen precedentes. Os seus protagonistas foron xuíces e funcionarios que prestaron durante este tempo os seus servizos na oficina xudicial. Comezou esta andaina no ano 1990 co xuíz Xoán Montes, continuada posteriormente polos sucesivos titulares: Alberto Benéitez Antón, que malia ser vasco axiña aprendeu a escribir e falar no noso idioma; Luís Villares Naveira e Eladio Prieto Bellas, que é o xuíz actual. Estes son os funcionarios e funcionarias que fixeron posible este modelo: Concepción Couso, Marisa Fernández Camiña, Antonio López Valledor, Ana.Ferreiro Paredes e Ángeles Pernas. Todos eles pertencentes á Irmandade Xurídica Galega.Parabéns polo seu labor.

Cando a empresa Castromil facía país

Nada é máis satisfactorio para o ser humano que sentirse dono dunha personalidade orixinal, forxada en actos singulares e protagonista do seu tempo, así como dunha utilidade que transcenda aos demais e asi mesmo. É pola orixinalidade dos nosos actos como perpetuamos a nosa memoria e contribuímos a crear referentes para a sociedade, que sempre precisou de modelos nos que se mirar, para construír o relato histórico da nosa identidade colectiva.

Cómprenos máis audacia

A vida está chea de xestos. Uns inútiles, caricaturescos, e outros cargados de simbolismo, imperecedeiros, que acaban sendo modelos a imitar. O xurista e diplomático galeguista, Lois Tobio, deixounos unha anécdota reveladora da súa rexa personalidade intelectual.