Artigos de Xosé Glez.

Gonzalo Jar, un xeneral galeguista

Coñecín ao xeneral da Garda Civil Gonzalo Jar Couselo hai ben anos. Chamara a miña atención a entrevista que lle fixera nun xornal galego na nosa lingua, e na que con toda naturalidade facía valoracións moi positivas da cultura galega. Procurei a maneira de contactar con el para felicitalo. Desde entón fixémonos amigos; moi amigos, como adoitaba dicir el. Falabamos de todo, do habido e por haber. Sempre coa espontaneidade dunha persoa aberta, próxima, sen estar condicionado polo estatus do seu rango militar e as altas reponsabilidades de Estado que tiña, que a outros condicionan tanto.

Gómez Román, arquitecto e galeguista

O día nove de novembro de 1964 falecía en Vigo o arquitecto Manuel Gómez Román, o “ensoñador de novas Compostelas”, como o denominou Otero Pedrayo. As súas obras demostran a fidelidade a unha maneira de construír coforme aos cánones dunha tradición arquitectónica herdada. Soubo fixar a súa atención no ciclo arquitectónico medieval e do noso barroco; ciclos que son o trasunto do mesmo nervio histórico de Galicia. Sensibilidade que completou cun coñecemento doutras correntes: do modern style, do art nouveau, do jugendstil, que soubo conxugar coas maneiras autóctonas, como nolo recordan Xaime Garrido Rodriguez e Xosé María Ramón Iglesias Veiga, estudosos da súa obra.