Artigos de Manuel H. Iglesias

Os refráns na política

O refranmeiro popular sempre deu frases pra ter en conta. Polo que os refráns son ditos que baseados na experiencia de milleiros de anos deixan unha conclusión que axuda a reflexionar sobor dun feito ou dun acontecer que nos afecta individual ou de maneira colectiva.

De xeonllos e pedindo perdón

Sempre escoitei que, cando a xustiza ocupa a parte que lle corresponde á política, é un indicativo de que os políticos que nos gobernan son moi torpes ou actúan dende posturas estrictamente cerriles e ideolóxicas. A xustiza nas sociedades democráticas está nun plano moi diferente o dá política.

Culturestas de...

Sempre escoitei que, cando se sinala a un grupo social, profesión ou colectivo, con ánimo de ridicularizalo, xeneralizar e incluír a todos baixo un mesmo nome resulta un tanto esaxerado e perigoso. Pois nin todos os cregos, por poñer un exemplo, son malas persoas ou outros calificativos; nin todos os políticos, nin todos os xuíces, son uns corruptos e malvados cidadáns.

Como pasaron os anos!!!

Como pasan os anos, como bulen os días, mentres sen decatarnos, imos tecendo a historia nun tempo onde case todo é relativo.

E Ourense, existe?

Hai uns días o presidente da Asociación de Seixalbo publicaba un artigo falando da cidade e a provincia e, afirmaba que daba a sensación de que, cada día que pasa, voltávamos ao medievo. Ou sexa; que o retroceso en Ourense é tan evidente que camiñamos cara atrás no canto de ir pra mellor.

Coidado: chove odio

En democrácia nunca chove a gusto de todos. Esa é unha das características desta forma de vivir en sociedade. A vida política sempre tivo diferntes ideoloxías e como consecuencia deso distintas recetas e puntos de vista e, polo tanto, sempre hai moitas maneiras pra solucionar o día a día nas sociedades onde existe esta maneira de gobernar. O malo é cando, na vida política, entran persoas ruíns, mequñas e intransixentes.

Era visto !!!

O título pode semellar un chiste por ser o dun programa retranqueiro que durante un tempo emitiu a TVG. Mais o tema non vai das andanzas dos personaxes que lles deron vida á esa serie. O tema é outro, e aínda que se tome con certa retranca, ten moita enxúndia e aféctanos a todos os que formamos a sociedade desta provincia e cidade ida a menos.

A historia roubada

Hai uns días uns reporteiros da tele, saíron á rúa na capital do reino e preguntáballe á xente si sabían ou coñecían a determinados persoeiros que foran ministros e presidentes no tempo da 2ª república.