Como pasaron os anos!!!

Como pasan os anos, como bulen os días, mentres sen decatarnos, imos tecendo a historia nun tempo onde case todo é relativo.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 17/05/2021

Comparte esta noticia

Nestes días cúmprense 10 anos da chegada á política o  chamdo 15 M.  Un decénio en política  é un mundo, pois nese tempo aconteceron moitas cousas.  Tamén, nestes días, cúmplense seis anos dende a chegada á alcaldaía da cidade do Sr. Vázquez, e tamén nestes días cúmplense dous anos das municipais onde foi elexido o mandamáis Sr. Jácome. Este persoeiro que prometeu  arranxar todos os problemas da cidade nuns meses, e sigue aferrado ó poder,  ainda que 24 membros da corporación lle pediron que se fora.  Estas datas  sinalan todo un tempo pra mirar cara atrás e sen acaloramentos tentar visualizar os  anos perdidos. Tamén pra  ollar cara onde imos e, na medida do posibel, intuir o futuro desta cidade e provincia caída en desgraza e por riba  sen mar.

Protesta dos indignados do 15M en Ourense en 2011
Protesta dos indignados do 15M en Ourense en 2011 | Fonte: Monty Gc Aberto

O 15 M chegou a Galicia e a nosa cidade cunha forza moi limitada;  aínda así tivo un reflexo e un importante  éxito electoral, pois obtivo unha representación  importante nas Cortes do Estado, pra logo  irse desinflando e hoxe estár a  piques de fenecer. Polo que quedou demostrado que, unha cousa é acadar os votos no momento de cabreo, e outra  moi distinta,   fidelizalos. E pra iso hai que ter unha boa infraestructura partidaria e tamén saber facer unha síntese programática que fuxa de reivindicación minoritarias e dun radicalismo testimonial  que  contente a todas as xentes desencantadas que lles deron o voto. E isto é realmente complicado, pois sempre acontece que, nestas forzas,  os máis radicais son os que levan a voz cantante e axiña comenza o descolgue dos descontentos. No caso galego non loitar por  ter un grupo parlamenrio propio, e andar en leas internas,  entre outras cousas, foi  o erro maior.

No tocante o acontecer municipal na nosa cidade, non aceptar o resultado das primarias foi unha cuestión que os levou ó fracaso e a desaparición da corporación. O feito de non validar o resultado que poñía a Xosé  Mosquera como cabeza de lista, fixo que se perderan uns milleiros de votos que lle deron un escano máis ós populares. Escano  que logo puxo  na alcaldía a un señor feble e pouco político que, non soubo tecer alianzas e que tivo á cidade catro anos sen presupostos. Cabe sinalar que neste periodo, o belicoso e faltón Jácome,  ninguneou, efeou e machacou nos plenos canto quixo a Vázquez, sen que por parte da alcaldía houbera unha reacción sería e forte  pra frear os improperios do hoxe alcalde da cidade. Como conclusión,  catro anos perdidos e os problemas  dos ourensás esperando unha solución. Mais como a historia sigue,  o voto do Sr. Vázquez foi clave pra que o vilipendiador Jácome accedera á cadeira municipal. Craso erro  que  convirte  a Vázquez nun persoeiro sen ética, personalidade  e sen futuro político.  E xa estamos ubicados no presente máis tristeiro e negro desta cidade. Pois hoxe, despois das denuncias dos colegas do pseudo partido Democrácia Ourensana,  mal goberna o concello  un triunvirato. E non é que fagan pouco  por mellorar a vida dos ourensás, se non que en vez de facer desfán. Son como un paquidermo nunha cacharrería.  E con iste panorama ata cuando durará esta outra pandemia que asola o concello e desvaloriza esta provincia?

Como pasan os anos. Como deixan feridas e  historias que os ourensás quixeramos esquecer e borrar do curriculo desta Auria. Historias que tristemente quedarán fixadas na memoria de milleiros de galegos  que ven como se esfarela un proxecto político, ou  que atónitos ven que  no concello da terceira cidade galega  sigue un esperpento continuo ó que un PP caciquil non lle pon remedio. De pena.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com