A intelixencia artificial no ensino

Que os avances tecnolóxicos aportaron e apotan moitas melloras para a sociedade ninguén o cuestiona. Mais todo avance na tecnoloxía, ciencia e noutros campos ten tras de si unha cara positiva e tamén unha chata. Pois depende do uso que se lle de. Na sociedade actual, mellor dende hai xa uns anos, todo camiña a moita velocidade.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 18/09/2024

Comparte esta noticia
Todo vai demasiado a presa. Todo muda ate  as costumes e normas que semellaban ser duradeiras.  Polo que moitos sociólogos e pensadores falan dunha sociedade líquida, pois os cambios afectan á estrutura  e a cuestións básicas que modifican moitas  normas   de convivencia, e polo tanto da nosa maneira de vivir tanto no  eido colectivo como no individual. 
Hai uns días  nun medio a nivel de estado aparecía a seguinte nova: Un colexio de formación profesional  da capital do reino troca  ós profesores  do centro, neste caso de formación profesional,  optando pola   intelixencia artificial. Ou sexa: que os alumnos recibiran as clases ou a través dunha pantalla ou con uns humanos creados virtualmente  para tal cometido. Esta noticia  que pasou sen máis,  entendo que ten un fondo que nos  debera levar a unha grande  reflexión. E digo isto, pois abre unha porta no eido da educación na que as maquinas disfrazadas de persoas, mais programadas pol alguén, pretenden ocupar o espazo dos profesores que imparten as clases.
 
Camiñamos chanzo a chanzo cara unha sociedade na que a máquina aparta á persoa. E como é sabido, nalgúns eidos a mecanización é moi positiva e necesaria, mais no campo da educación penso que  non. Pois o espazo do contacto humano que sitúa  o mestre como persoa e  referente queda truncado en favor da maquina programada.
 
Mais como vivimos nun tempo de moitos  trocos cabería meditar se tanta técnica non rematará levándonos cara unha deshumanización da sociedade, e polo tanto  sometendo  a esta aun proceso no que as  humanidades  quedarán relegadas, como se fosen as chamadas Marías,  que son as materias, a día de hoxe,  teñen un valor case anecdótico. 
 
A ciencia é moi necesaria, mais ollo, se todo se basea nese saber científico e se relega  no ensino o valor da transmisión do profesores e o potencial das humanidades entendo que imos polo camiño errado.
 
Pode que o deste centro de Madrid sexa unha anécdota. Ou se  o prefiren un pinga de auga nun océano. Pode que moitos o vexan como un avance técnico; máis  esta medida deixa tras de si un arrecendo que debera levarnos cara unha meditación moi fonda e  seria. A técnica como soporte de axuda nos centros educativos ninguén a pon en dúbida. Ninguén está contra ela. Mais na historia do ser humano, non seu camiñar pola vida a través dos milleiros de anos non todo se fixo soamente coa  técnica. Si as maquinas e a intelixencia artificial ocupan todo o espazo dos homes  tamén pode acontecer que no mundo se programen moitas facetas que soamente lle pertencen ós seres humanos e a súa  transmisión de valores persoal. E iso levaranos a unha sociedade moi distinta a que hoxe temos. Levaranos  a unha sociedade na que os que controlan a técnica e o poder nos dirixan o seu antollo moito máis do que xa hoxe pasa. E iso é moi perigoso. En fin, camiñemos a modo, non vaia ser que de tanto apurar e de tanta Intelixencia artificial  nos convértemos  en maquinas  e perdamos  parte da razón humana, e polo tanto, da  nosa existencia como seres racionais  que son libres de pensamento e de acción. 

Muller e intelixencia artificial
Muller e intelixencia artificial | Fonte: Commons
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com